Un total de 313 alumnos de 5º e 6º de Primaria de Tui participaron onte na segunda proxección deste curso do programa “O Cine nas Aulas” organizado polo Concello de Tui a través da concellería de Servizos Sociais.
A Sala Municipal de Exposición do Concello de Tui acolle unha exposición dedicada á figura do egrexio médico e filósofo tudense Francisco Sánchez, coincidindo co cuarto centenario do seu falecemento, o 16 de novembro de 1623, na cidade francesa de Tolosa.
Nos próximos días comezarán as obras de reforma da Praza de Abastos de Tui, tras ser adxudicadas nos últimos días. Durante as mesmas o obxectivo é que a execución do proxecto, que suporá unha actuación integral no espazo, poida compatibilizarse na medida do posible coa actividade de venda no propio mercado.
Onte, día 1 de novembro, abriu o prazo para que as persoas afectadas polo incendio dos seus vehículos o pasado 20 de marzo poidan solicitar as axudas básicas de emerxencia establecidas polo Concello de Tui.
O Concello de Tui amosa anualmente o seu apoio á práctica deportiva de alto nivel coa convocatoria de bolsas dirixidas aos e ás deportistas que neste ano teñen participado en competicións federadas de ámbito internacional.
A Eurocidade Tui-Valença reivindica a importancia e a historia do Camiño Portugués a Santiago e vaino facer a próxima semana entre o luns 6 e o sábado 11 de novembro cunha peregrinación até Santiago que estará encabezada polo presidente da Cámara de Valença, José Carpinteira, e polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil volve amosar a súa vertente máis solidaria coa organización dunha festa a favor das asociacións Un Máis e Síndrome de Deleción 1p36 que se vai celebrar o sábado, 16 de decembro, ás 20 h na Sala Metropol de Tui.
Tui e Valença son un exemplo de cooperación transfronteiriza. Hai dez anos constituíronse na primeira Eurocidade desta zona do Miño, pero a colaboración entre ambos municipios é histórica, ao igual que as relacións entre a poboación das súas marxes do río.
As instalacións da Escola Infantil Galiña Azul foron obxecto de obras de mantemento no inicio do curso escolar, para que alumnado, profesorado e familias poidan empregar estas instalacións nas mellores condicións.
A Concellería de Ensino, Cultura e Mocidade do Concello de Tui convoca unha nova edición do Concurso de Debuxo Escolar para a elección da postal de Nadal do Concello de Tui para este ano 2023.
O clásico de Prokofiev “Pedro e o lobo” chega este venres, ás 19.30 h, ao Teatro Municipal de Tui da man de Fantoches Baj. A compañía nesta nova posta en escena combina o relato do narrador, coa representación das accións que se describen ou evocan na música.
Este xoves, 26 de outubro, o Centro Cultural de Randufe acollerá, ás 20 h, unha actividade da campaña “Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra”.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.