O Teatro Municipal de Tui acollerá esta semana os eventos previstos dentro da programación 'Volvemos á rúa' ante a previsión de choiva que hai para os vindeiros días. Tal e coma aconteceu xa onte co concerto de Roi Casal a actividade desenvolverase no Teatro con aforo limitado e protocolo de seguridade.
Tres alcoholemias positivas, 4 propostas de sanción á subdelegación, 1 proposta de sanción por incumprimento da ordenanza de convivencia cidadá, entre outras, foron as...
A partir do luns, 17 de agosto, o Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Piragüismo e Remo de Tui acollerá a concentración da Selección Nacional Uruguaia de remo, composta por seis deportistas e un adestrador. Permanecerán nestas instalacións ata o 12 de outubro, preparando a regata preolímpica clasificatoria para Tokio 2021. O río Miño, as instalacións de Tui e o alto nivel dos deportistas tudenses, fixeron que a Federación Uruguaia de Remo escollera esta opción, segundo explica o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez.
A Xunta de Galicia financiará con preto de 2,7 millóns de euros as Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) declaradas en Galicia. O reparto dos fondos de 2020 entre os concellos que dispoñen de ARI no seu territorio, realizado en función das solicitudes presentadas pola administración local, foi comunicado a cada concello solicitante. Para o reparto de fondos tívose en conta o grado de cumprimento en cada concello dos obxectivos asignados en anteriores repartos.
En menos de 10 minutos esgotáronse as 110 prazas dispoñibles para asistir á proxección de “Joker” este venres en autocine no aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica. Coma aconteceu xa tamén coa primeira proxección de autocine de “Grease” as entradas esgotáronse rapidamente. Precisamente o autocine é unha das novidades da programación cultural do verán “Volvemos á rúa” en Tui este ano.
O Concello de Tui ven realizando distintas labores de mantemento nas instalacións deportivas municipais pese a que o inicio da temporada dos deportes de equipo non está clara, debido a pandemia da Covid-19.
Catro alcoholemias e unha proba por drogas positivas, dúas denuncias por non empregar a máscara, un vehículo atrapado e unha actuación nun presunto caso de violencia de xénero foron parte das actuacións realizadas na fin de semana polos efectivos da Policía Local de Tui.
A crise provocada polo coronavirus está a transformar a vida cotiá, as pautas de comportamento e o modo en que nos relacionamos os uns cos outros. Play-Doc quere contribuír ao rexistro deste momento histórico a través deste obradoiro audiovisual, valéndose da extraordinaria capacidade que ten o cinema para capturar o momento presente, retratar e construír unha memoria colectiva na que se poden compartir vivencias a través de imaxes e sons.
Está aberto o prazo de inscrición para os dous primeiros obradoiros que se van impartir dentro do Programa Integral para mulleres vítimas de violencia de xénero e en situación de vulnerabilidade 'Muller Tui' que impartirá un total de nove accións formativas a celebrar neste mes de agosto e o de setembro.
Esta semana prosegue a programación cultural 'Volvemos á rúa' con novas propostas entre as que, a primeira, será a música da man do pasarrúas que o mércores, dende ás 21 h, ofrecerá a charanga tudense A Tu Ritmo. Amais na fin de semana, a partir das 21 h, continúan os pasarrúas o sábado co grupo folclórico Inquedanzas da Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis e o domingo co grupo folclórico San Fins de Rebordáns.
A Policía Local de Tui desenvolveu esta fin de semana un operativo especial para evitar a celebracións de botellóns. O venres á noite os axentes disolveron varios botellóns en diferentes puntos do centro urbano e o sábado volveron actuar disuadindo da celebración de botellóns noutros puntos da cidade.
O Concello de Tui vén de pór en marcha un Programa Integral para mulleres vítimas de violencia de xénero e en situación de vulnerabilidade denominado 'Muller Tui'. A súa presentación tivo lugar onte na Casa do Concello por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro; a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez; o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Díz, xunto á traballadora social e as dúas técnicas do programa. Asistiron membros da corporación municipal xunto a axentes sociais e representantes de distintas asociacións.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.