Venres, 4 Xullo de 2025

Tui

Tui celebra o Día da Biblioteca coa renovación da súa web, club de lecturas e unha exposición de fotografías antigas

“Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” é o lema co que este ano se celebra do “Día da Biblioteca” que tivo lugar o 24 de outubro. Céntrase en destacar o papel das bibliotecas como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e ao coñecemento.

A Feira da Cabaza chega na última de semana de outubro ao centro urbano de Tui

A I Feira da Cabaza, que dende comezos deste mes de outubro se está a celebrar nas parroquias de Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe e Rebordáns, chega na derradeira fin de semana do mes ao centro urbano de Tui.

A cabaza, protagonista nos catro showcookings de Eurochef en Tui

O proxecto Eurochef desembarca este mes de outubro a Tui por todo o alto. Os vindeiros 30 e 31 de outubro o Paseo da Corredoira acollerá catro showcookings abertos ao público xeral con cinco chefs de altura nunha actividade organizada por Eurural e o resto dos grupos de desenvolvemento rural integrantes do proxecto Eurochef en colaboración co Concello de Tui.

A III Carreira de Orientación da Eurocidade contará con máis de 260 participantes

Este domingo, 24 de outubro, terá lugar a III Carreira de Orientación da Eurocidade, organizada por Xesta Natureza, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e subvencionado polo programa Interreg.

O Concello de Tui apoia aos deportistas locais coa convocatoria das Becas a Deportistas Tudenses 2021

O concello de Tui retoma este ano a convocatoria das bolsas para deportistas locais que teñen participado neste 2021 en competicións federadas internacionais coa convocatoria das Becas a Deportistas Tudenses 2021.

Cincuenta parellas compiten este domingo no VII Trofeo Eurocidade Tui-Valença de Baile Deportivo

O Pavillón Deportivo Municipal “Gustavo Rodríguez” de Tui acolle este domingo o VII Trofeo Eurocidade Tui-Valença de Baile Deportivo. A competición está organizada polo Club de Baile Deportivo Pasos-Bailegalicia coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença.

Os Reis visitarán o CRA Mestra Clara Torres de Tui premiado pola Fundación Princesa de Girona

As súas Maxestades entregarán o Premio Escola do Ano 2020 da FPdGi (Fundación Princesa de Xirona) ao CRA Mestra Clara Torres de Tui, recoñecido por ser un exemplo de dinamización en contornas rurais con seis aulas disgregadas en distintas parroquias do municipio.

A Deputación axiliza a mellora da EP-3001 en Rebordáns, Tui

A Deputación de Pontevedra axiliza as obras de mellora da seguridade viaria e a mobilidade peonil na EP3001 en Rebordáns, no Concello de Tui, e vén de licitar estes traballos por un orzamento de 114.462€ (sen IVE).

A música de Golfiños encherá este venres o Teatro Municipal de Tui

A música encherá este venres o Teatro Municipal de Tui co concerto “O soño dos golfiños” da man de Golfiños. O grupo está formado por Elena Paz Alonso, voz; Jesús Moares Lameiro, teclado; e Javier Ricardo Álvarez Fernández, guitarra.

A Deputación impulsa un novo Certame provincial de Regueifa no Val Miñor, Condado e Baixo Miño

A Deputación de Pontevedra, a través do seu departamento de Lingua e en colaboración coa Asociación Oral de Galicia, vén de impulsar un novo Certame provincial de Regueifa que conta coa participación de 41 centros de Ensino Secundario da provincia.

Concello de Tui e CHMS asinan un convenio que permitirá a construción da pasarela do río Louro

No salón de sesións da casa do concello de Tui tivo lugar onte a sinatura dun convenio entre o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño Sil, CHMS, José Antonio Quiroga, para a execución, entrega, mantemento e conservación das obras do proxecto de construción dunha pasarela peonil na desembocadura do río Louro.

O historiador Domingo González Lopo intervén no ciclo de conferencias sobre o retablo da batalla de Lepanto

O historiador Domingo González Lopo pronunciará mañá, martes 19 de outubro, ás 19.30 horas unha nova conferencia, na igrexa de San Domingos de Tui. Será dentro do ciclo de conferencias e visitas guiadas que organiza o Concello de Tui en torno ao retablo de Nosa Señora do Rosario da Igrexa de San Domingos no 450 aniversario da Batalla de Lepanto que é o principal motivo iconográfico deste singular retablo barroco.