Sábado, 3 Maio de 2025

Tui

A II San Silvestre Solidaria de Tui agarda superar as 600 persoas participantes

A San Silvestre Solidaria de Tui agarda bater un novo récord de participación, superando as 600 persoas participantes, na súa segunda edición o próximo sábado 31 de decembro. A proba foi presentada este mediodía na casa do concello de Tui.

A Xunta financia un obradoiro de emprego dual en Tui

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou esta mañá na inauguración do obradoiro dual de emprego de Tui.

O Concello de Tui recibe mil incidencias anuais a través da APP municipal

O Concello de Tui recibe mil incidencias anuais a través da APP municipal posta en marcha no ano 2020. A aplicación, de descarga gratuíta en Play Store e App Store, co nome de “Concello de Tui” permite o acceso ás noticias, á axenda, ao rueiro, a rutas, directorio, vídeos, ou servizos municipais.

Asinado o convenio entre a Xunta e o Concello de Tui para destinar vivendas a alugueiro social

A Xunta asinou hoxe co Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana o convenio que permitirá cofinanciar con fondos europeos a rehabilitación de 3 vivendas localizadas no número 20 da rúa Bispo Castañón, que se destinarán a alugueiro social entre os demandantes inscritos neste municipio no Rexistro único de vivendas protexidas.

O pavillón municipal de Guillarei contará con vestiarios

O Concello de Tui continúa a traballar para mellorar as instalacións deportivas municipais e que estas conten coas condicións idóneas para a práctica deportiva.

Mañá sábado celébrase o concerto de Nadal da Eurocidade “Nadal de Cristal / Natal de Cristal”

Mistura Vocal, Kasual Quartet, Vocalis Contrasta e o Coro da Academia de Música da Fortaleza de Valença brindarán este sábado, ás 21.30 h no Teatro Municipal de Tui o espectáculo musical “Nadal de Cristal”.

Abre o Mercadiño Solidario de Libros na Biblioteca Municipal de Tui

A Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza dende onte, mércores 13 de decembro, ata o vindeiro 5 de xaneiro, o seu Mercadiño Solidario de Libros, en colaboración co departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui.

Estase a executar a nova área lúdico recreativa en Chans do Carrasco

O Concello de Tui continúa coa mellora dos parques infantís e áreas de lecer e arestora está executando unha nova área lúdico recreativa en Chans do Carrasco en Randufe.

Doce meses cheos de solidariedade

A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis o seu calendario, no que os doce meses énchense de solidariedade xa que o almanaque será entregado a cambio de alimentos non perecedoiros.

Tui está a executar a renovación do pavimento de madeira exterior do Centro de Remo e Piragüismo

O Concello de Tui de Tui está a executar a obra de renovación do pavimento de madeira exterior do Centro Interfederado de Remo e Piragüismo de Tui.

Nos próximos días sairá a licitación a construción dunha nova ponte sobre o regato Cotarel

O Concello de Tui sacará a licitación nos próximos días a obra de construción dunha nova ponte sobre o río Cotarel na estrada que une as parroquias de Randufe e Pazos de Reis. A obra está financiada nun 75 % polo Concello de Tui en un 25 % pola Deputación de Pontevedra.

Tui aposta por un consumo local e sostible

Tui aposta por un Nadal sostible, polo comercio local e o produto de proximidade convidando a realizar as compras nestas festas nos distintos establecementos tudenses.