Venres, 4 Xullo de 2025

Tui

As obras do VI Concurso de Pintura rápida Pinta Tui poden visitarse no anexo da Sala Municipal de Exposicións

Até o 29 deste mes de novembro pódese visitar no anexo da Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica) a exposición dos traballos gañadores e participantes no sexto concurso de pintura rápida Pinta Tui.

Aberto prazo de solicitude para participar o Mercado de Nadal de Tui

O Concello de Tui vén de abrir o prazo de solicitude para participar no Mercado de Nadal que se vai celebrar do 3 ao 12 de decembro no Paseo da Corredoira.

Tui será un dos concellos que elabore un proxecto piloto de Plan de Acción Local da Axenda Urbana Española

Tui está entre o centenar de municipios españois, e os catro da provincia de Pontevedra, que van recibir unha axuda do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a elaboración de proxectos pilotos de Plans de Accións Local da Axenda Urbana Española.

O anexo da Sala Municipal de Exposicións acolle a mostra “Á Violencia de xénero… Dille NON!!”

Dende onte mércores e até o martes 23 deste mes pódese visitar no anexo da Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica) a exposición “Á Violencia de xénero… Dille NON!!”.

O Concello de Tui convoca un novo concurso de debuxo escolar para elixir a Postal de Nadal 2021

O Concello de Tui, a través da Concellería de Ensino e Cultura, convoca unha nova edición do concurso para a elección da postal de Nadal do Concello de Tui para este ano 2021. Vai dirixido ao alumnado de Primaria dos centros educativos do municipio.

Un investimento da Deputación no Baixo Miño transformou toda a comarca

A comarca do Baixo Miño recibiu nos 6 transcorridos co actual goberno da Deputación, “o maior volume de investimento de toda a historia da institución provincial” cun total de case 48 millóns de euros.

Preto de 300 persoas participaron nas actividades sobre a Batalla de Lepanto en Tui

Preto de 300 persoas teñen participado nas últimas semanas nas actividades organizadas polo Concello de Tui con motivo do 450 aniversario da Batalla de Lepanto.

A Mancomunidade do Baixo Miño pon autobuses para acudir á manifestación en defensa da sanidade pública

A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, formada polos concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, súmase á manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública ante o perigo ao que está sometida a atención primaria por falta de persoal e de medios.

O “Trail do Aloia” acelera o pulso dos atletas

“Que prova tan bonita, felicidades pola organización e ou percorrido” foron as primeiras palabras de Brais Otero, flamante do vencedor do “ Trail do Aloia” que se celebrou esta fin de semana no concello de Tui.

Protección Civil de Tui organiza un concerto solidario o 4 de decembro a favor de SOS Tomiño Baixo Miño

O Teatro Municipal de Tui acollerá o sábado, 4 de decembro, ás 18 h un concerto solidario a favor de SOS Tomiño-Baixo Miño organizado por Protección Civil de Tui coa colaboración do Concello de Tui. A entrada será 1 quilo de alimentos destinado á asociación asistencial que neste momento atende a 130 familias no Baixo Miño, das que 70 son de Tui.

O historiador tudense Suso Vila pecha o ciclo de conferencias sobre o retablo da batalla de Lepanto

O próximo martes, 9 de novembro, ás 19.30 h a igrexa de San Domingos acollerá a derradeira conferencia do ciclo organizado polo Concello de Tui en torno ao retablo de Nosa Señora do Rosario, popularmente coñecido como da “Batalla de Lepanto”.

O equipo de goberno de Tui manterá reunións en todas as parroquias

Coñecer as necesidades de cada parroquia directamente dos veciños e veciñas é o obxectivo das reunións que dende o próximo luns vai manter o equipo de goberno de Tui en cada parroquia.