Venres, 4 Xullo de 2025

Tui

Hoxe preséntase a Guía “Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos”

Hoxe martes, 30 de novembro, ás 18.30 h na Sala de Exposicións Municipal do Concello de Tui, no edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica, presentarase a Guía “Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos”.

364 atletas iluminan a noite na V Urban Trail Night Eurocidade

Inquedanza, nerviosismo e tamén frío era o que sentían os participantes na avenida Miguel Dantas de Valença, minutos antes de darse a saída á V Urban Trail Night Eurocidade, que regresaba tras o parón de 2020 pola Covid-19.

200 persoas participarán este domingo en Tui na Marcha Ciclista contra a Violencia de Xénero

200 persoas inscribíronse para participar este domingo na Marcha Ciclista contra a Violencia de Xénero 2021 organizada polo Concello de Tui dentro dos actos conmemorativos do 25N.

O mércores inaugúrase a exposición fotográfica “Chiaroscuro” de Antonio Fortuna en Tui

O próximo mércores, 1 de decembro, ás 18.30 h inaugurarase no anexo da Sala de Exposicións Municipal do Concello de Tioa mostra fotográfica “Chiaroscuro” de Antonio Fortuna, de Valença.

O II Ciclo de conferencias ‘Aida Fernández Ríos’ chega aos centros escolares de Tui

O II Ciclo de conferencias “Aida Fernández Ríos”, impulsado pola Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega de Ciencias, chega a próxima semana aos centros escolares da provincia con cinco charlas adaptadas ao público mozo.

Alberto Fortes presenta mañá en Tui a novela “A viaxe xeométrica de Domingo Fontán”

Mañá xoves, 25 de novembro, ás 19.30 h a Biblioteca Municipal de Tui acolle a presentación da novela “A viaxe xeométrica de Domingo Fontán” recentemente editado por Edición Laiovento.

Tui celebra unha actividade do Plan de Compostaxe Municipal dirixida ao alumnado dos centros educativos

O próximo xoves, 25 de novembro, de 10 a 14 h terá lugar unha actividade do Plan de Compostaxe Municipal de Tui. Celebrarase no novo Centro de Compostaxe Comunitaria, ao carón do Mercado Municipal de Abastos.

A Mesa do Camiño reunida esta semana en Tui avaliou a situación actual e as perspectivas no ámbito do Camiño de Santiago

A Mesa Local do Camiño reuniuse o pasado martes 16 de novembro na Casa do Concello de Tui, nunha xuntanza presidida polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e na que participaron os representantes dos distintos sectores – aloxamentos, restauración, servizos aos peregrinos, igrexa e movemento asociativo xacobeo – que forman parte da Mesa.

Sae do prelo o número 7 de Castellum Tyde, a revista de investigación do Instituto de Estudos Tudenses

O luns pola mañá o presidente do Instituto de Estudios Tudenses, Xavier Añoveros, entregou ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, un exemplar no novo número de “Castellum Tyde”, a revista que edita o Instituto de Estudios Tudenses co patrocinio do Concello de Tui.

Aforo completo no concerto de Tanxugueiras no Teatro Municipal de Tui

Aforo completo no concerto que este venres ofrecerán Tanxugueiras no Teatro Municipal de Tui. 500 persoas poderán gozar do directo deste grupo nun dos últimos concertos da xira “Contrapunto” a partir das 21.30 h.

O Concello de Tui está a traballar na modificación da ordenanza do lixo

O Concello de Tui está a traballar na modificación da ordenanza do lixo. Para iso está a reunir toda a información necesaria para poder realizar un estudo rigoroso que permita abordar a modificación desta taxa.

O luns comezan as catas arqueolóxicas na travesía de San Domingos

Mañá luns, 15 de novembro, comezarán as catas na travesía de San Domingos para valorar a presenza de restos arqueolóxicos neste vial, así coma para avaliar o impacto que as obras previstas de renovación de instalacións e servizos poderían ter.