O Concello de Tui recibiu hai uns días un bonsai de Oliveira coa lenda “Lembra as túas raíces” agasallo da Red de Juderías – Camiño de Sefarad, da que Tui forma parte dende 2019, xunto a outras vinte cidades españolas.
O Goberno de Portugal publicou no día de onte o decreto que certifica, ou oficializa o Camiño Portugués da Costa, unha ruta xacobea que remata na cidade irmá de Valença, recoñecendo a importancia “histórica e cultural” deste Camiño de Santiago, nunha decisión asinada conxuntamente polas secretarias de Estado do Turismo, Rita Marques, e Adxunta e do Patrimonio Cultural, Ângela Ferreira.
O Concello de Tui inaugurou este mediodía a nova Oficina de Turismo executada ao abeiro do proxecto “Río Miño, un destino navegable” financiado con fondos europeos. Un novo equipamento que marca un antes e un despois na atención os visitantes e peregrinos na cidade.
Dende o mes de novembro o xurado da Gala do Deporte Tudense ven traballando para retomar este evento e así poder recoñecer os éxitos deportivos dos nosos clubs e deportistas. De feito, a intención era facer unha gala a finais do pasado mes de xaneiro, onde entregar os Premios Deporte Tudense dos anos 2020 e 2021, pero a incerteza a hora de poder marcar unha data de celebración impediu poder organizar a gala coa suficiente antelación que garantir a realización da mesma co mesmo nivel de calidade que en anteriores edicións
O próximo venres, 11 de febreiro, A Panadaría estreará en Tui “As que limpan”. Onte A Panadaría iniciou no Teatro Municipal de Tui a súa residencia artística na que rematarán de pulir aspectos artísticos e de pechar outros técnicos coma o deseño da iluminación. O equipo, formado integramente por mulleres, estará en Tui até o día da estrea.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, acompañado pola Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; e os socios do proxecto Interreg Río Miño Navegable, serán os encargados de inaugurar a Oficina de Información e Turismo que se traslada aos antigos Xulgados do Paseo da Corredoira.
A Xunta de Galicia colaborou coa posta en valor e o embelecemento dunha decena de elementos patrimoniais de titularidade municipal e de vivendas particulares na bisbarra do Baixo Miño. Grazas á orde de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, concedéronse un total de 38 252 euros en achegas para dous espazos públicos en Tui e Oia.
O Teatro Municipal de Tui abre a programación de 2022 con seis espectáculos a celebrar entre o 4 de febreiro e o 18 de marzo. Teatro e música son os dous eixos desta proposta cultural da que a metade dos eventos van dirixidos a público infantil e a outra metade a público adulto. O teatro tudense terá o 85 % do aforo e contará cun protocolo covid nunha aposta pola cultura segura. As entradas para todos os espectáculos poranse á venda o próximo martes, 1 de febreiro, ás 21h a través de www.tui.gal. Os prezo en función do evento oscilan entre os 10 € e os 3 €.
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou na mañá de onte o concello de Tui, acompañado do alcalde Enrique Cabeleiro, onde mantivo unha xuntanza de traballo cos principais clubs deportivos tudenses na que se trataron os temas relativos ás principais axudas e subvencións deportivas da Xunta para o exercicio 2022.
Mañá, martes 25 de xaneiro, o Concello de Tui retoma a celebración mensual do “Foro do Camiño Portugués” coa presenza dun destacado protagonista da recuperación e revitalización do Camiño de Santiago en Galicia, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, ex-conselleiro da Xunta de Galicia e medalla de honra do Concello de Tui concedida no ano 2017.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participou como representante do Concello de Tui nun total de catro presentacións nas que a nosa cidade tiña especial protagonismo celebradas na Feira Internacional de Turismo – Fitur 2022 que se está a celebrar estes días na capital de España.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.