O Centro Xeográfico do Exército de Terra e a Subdelegación de Defensa en Pontevedra, en colaboración co Concello de Tui, organizan a exposición «Cartografía da Raia», que mostra a evolución histórica dos traballos para o establecemento da fronteira con Portugal, prestando atención preferente á zona fronteiriza ao longo do Río Miño. A mostra abrirá as súas portas o 23 de xaneiro ás 19 h.
A Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza de Randufe, no concello de Tui, vén de anunciar a celebración dunha Cea-Baile de Entroido que se celebrará na Casa Cultural, (Cruceiro do Monte, 7) o vindeiro 10 de febreiro a partir das 21:30 horas. A directiva da Asociación retoma a actividade este ano "porque consideramos que é unha oportunidade de compartir un momento de lecer".
As escaleiras que comunican a praza da Estrela e o Paseo Fluvial poden ser xa empregadas de novo. O Concello de Tui viuse na obriga de pechar este paso por seguridade no mes de outubro tras as grandes gretas e o desprazamento do muro rexistrado debido as fortes choivas.
O vindeiro luns, 22 de xaneiro, ás 19.30 h na Sala Félix Rodríguez, terá lugar a presentación do libro de poemas 'Mis dos amores' da moza tudense, de 15 anos de idade, Inés Martínez. Nesta presentación a autora estará acompañada polo profesor Felín Romero Lorenzo e por Ángela Martínez Gómez que abordarán nas súas intervencións, respectivamente, o comentario deste libro así como unha visión da traxectoria poética da autora.
Un total de 27 embarcacións, de 4x e 8+, de 14 clubs galegos e portugueses participarán este sábado na XLIII Regata Miño Internacional. A proba está organizada polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui, co Deporte Galego da Xunta de Galicia, coa Deputación de Pontevedra e coa Federación Galega de Remo.
Todo preparado para que as súas Maxestades de Oriente realicen esta tarde un percorrido internacional entre Tui e Valença. Chegarán á Eurocidade en tren, á estación do ferrocarril de Valença ás 16 h da tarde. Unha hora despois, ás 17 h, xunto coa súa comitiva, formada por máis de 200 persoas iniciarán o percorrido que os levará até o centro urbano de Tui.
Melchor, Gaspar e Baltasar volverán a percorrer este venres, 5 de xaneiro, ás rúas da Eurocidade Tui-Valença. As súas Maxestades de Oriente chegarán ás 16 h até a Estación de Valença, onde serán recibidos polas autoridades locais. Ás 17 h nas súas magníficas carrozas coidadosamente decoradas e iluminadas iniciarán un percorrido de 3,5 quilómetros. Coma veñen facendo dende 2010 os Reis Magos protagonizarán a única cabalgata internacional que se realiza entre España e Portugal.
Matilde y Rosana S.L. (Abalorios Myr), Cucapuntoes, Floristería La Flor, Naldo Costas, Horta Verde, Ideas, Pinturas Damián Domínguez, Cucadas, Döce Ópticos e Joy Baby son os dez establecementos finalistas do Concurso de Escaparates de Nadal convocado polo Concello de Tui coa colaboración de ACITUI.
A fachada norte da Catedral de Santa María de Tui ilumínase dende hai uns días coa frecha amarela do Camiño de Santiago. Faino dentro da iniciativa “Acende o Camiño de Santiago” coa que a Xunta ilumina este Nadal medio cento de monumentos emblemáticos da Ruta Xacobea até o domingo 8 de xaneiro.
O Concello de Tui está a elaborar un Plan de Xestión para o Centro Comercial Aberto do municipio. O estudo está a ser realizado por unha consultora especializada contratada para a realización desta actuación que forma parte do proxecto de “Reforma e modernización do Mercado Municipal e Dixitalización e Revitalización do Comercio Local de Tui”.
Esta mañá comezaron os obradoiros infantís de Nadal que promove a Biblioteca Municipal de Tui e nos que van participar ao longo desta semana e a próxima 210 rapaces tudenses.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.