Venres, 4 Xullo de 2025

Tui

Aberto o prazo de solicitude de participación na XXIV Feira de Artesanía que se vai celebrar do 14 ao 17 de maio

Hoxe vén de abrir o prazo para solicitar a participación na XXIV Feira de Artesanía que se vai celebrar do sábado 14 ao martes 17 de maio, na rúa Ordóñez, e nas prazas do Concello e San Fernando.

Música e teatro na programación do xoves de San Telmo

Mañá xoves, 21 de abril, a música e o teatro serán os protagonistas na programación das festas de San Telmo.

Catro estreas na XII Semana do Teatro Amador, un clásico nas festas de San Telmo

Os grupos de teatro San Fins de Rebordáns, Aloia de Pazos de Reis, Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui, e Chirlomirlo de Randufe serán este ano os protagonistas da XII Semana do Teatro Amador que se vai celebrar do martes 19 ao venres 22 de abril no Teatro Municipal de Tui.

A visita aos Monumentos e as procesións dos Pasos e do Santo Enterro actos centrais da Semana Santa en Tui

Relixiosidade, tradición e patrimonio van da man esta Semana Santa en Tui coa recuperación dos actos procesionais e da Visita aos Monumentos que marcan o programa destes días baixo a organización da Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia, a Catedral e o Concello de Tui.

Tui reforza a súa aposta pola mobilidade peonil e ciclista da man da Deputación

O Plan Concellos da Deputación de Pontevedra está a implantar en Tui un modelo de mobilidade amable e sostible con obras como o acondicionamento da ruta peonil e da vía ciclable na rúa Loureiro ou a mellora no acceso á praia de Areeiros, que tiveron un orzamento total de 345.788 euros.

A Historia, patrimonio, natureza, gastronomía,…atractivos para visitar Tui esta Semana Santa

“Esta Semana Santa… Tuiristea” é o lema da campaña de promoción turística posta en marcha polo Concello de Tui nas súas redes sociais con motivo da Semana Santa.

O meixón protagonista gastronómico en abril en Tui

O meixón é o protagonista gastronómico en Tui durante este mes de abril con motivo das Festas de San Telmo. Hoxe mesmo, 8 de abril, comeza a Festa do Meixón, en cinco restaurantes tudenses que se sumaron á proposta do Concello de Tui para enxalzar este prato e ofrecer durante estas semanas este prezado produto.

Tui festexará a San Telmo cun amplo e innovador programa

Tui vai celebrar as Festas de San Telmo 2022 do 16 ao 25 deste mes de abril cun programa “ambicioso, moi completo e innovador”. Así o explicaba esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, na presentación dos festexos patronais.

O Club Bádminton Tui volve á competición

O Club Bádminton Tui volve esta fin de semana á competición, logo de estar o mes de marzo con escasos compromisos oficiais.

Mañá abre o prazo de solicitude de axudas á rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da ARI do conxunto histórico de Tui

Mañá xoves, 31 de marzo, abre o prazo de solicitude de axudas á rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da ARI, Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui, correspondentes á fase 14ª.

Dezasete persoas incorpóranse coma traballadores ao Concello de Tui ao abeiro do Plan Concellos

Hoxe incorporáronse á plantilla do Concello de Tui 17 persoas contratadas a xornada completa, durante 6 meses, a través da liña 3 do Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra.

Este domingo volverá realizarse o roteiro teatralizado “Camiñando con elas”

Este domingo, 3 de abril, volverá realizarse o roteiro teatralizado “Camiñando con elas”. Ante a boa acollida e interese rexistrado na primeira ruta realizada o pasado domingo, 20 de marzo, organizouse a cabo unha nova visita, que sairá ás 12h da praza da Inmaculada.