Martes, 6 Maio de 2025

Tui

Seis espectáculos conforman a programación do teatro de Tui ata marzo

Seis propostas conforman a programación que nos meses de febreiro e marzo se van celebrar no Teatro Municipal de Tui.

128 postos solicitaron a súa renovación no Mercado semanal dos Xoves en Tui

Un total de 128 vendedores ambulantes solicitaron a renovación da autorización dos seus postos no Mercado semanal dos xoves en Tui.

A Red de Juderías, da que Tui forma parte, expón en FITUR os seus proxectos

Tui, xunto aos outros municipios que integran a Red de Juderías de España, participou a semana pasada no Acto Institucional desta asociación de municipios en FITUR.

‘Cada fogar co seu composteiro’ nova do Concello de Tui

O Concello de Tui reafirma o seu compromiso medioambiental coa terra e coas persoas, e faino cunha nova campaña de fomento de compostaxe tanto comunitaria como individual.

A oficina de turismo de Tui recibe o certificado SICTED de calidade turística

A oficina de turismo do Concello de Tui vén de recibir, hai escasos días, a comunicación oficial de concesión do distintivo de "Compromiso de calidade turística", un recoñecemento que forma parte do Sistema de Calidad Turística Española.

Case un centenar de persoas da Bolsa Municipal de Emprego de Tui incorporáronse ao mercado laboral

Un total de 95 persoas inscritas na Bolsa Municipal de Emprego de Tui incorporáronse ao mercado laboral en 2022. Representan o 53 % das 180 persoas que ao longo do ano pasado foron atendidas no Servizo Municipal de Orientación.

O anexo da Sala Municipal de Exposicións acolle as obras da sétima edición de ‘Pinta Tui’

O anexo da Sala Municipal de Exposicións do Edificio Francisco Sánchez acolle ata o 12 de febreiro a exposición das obras gañadoras e participantes na sétima edición do certame de pintura rápida ‘Pinta Tui’.

Tui recoñece o labor de José Luís Méndez dándolle o seu nome ao Centro Municipal de Remo

O Centro Municipal de Remo, á beira do río Miño, denomínase José Luís Méndez. Tui recoñece así á histórica figura do principal impulsor do remo na cidade, que tamén foi fundador do Club Remo do Miño no ano 1974.

A Policía Local de Tui contará con cinco novos axentes en marzo

A Policía Local de Tui contará con cinco novos axentes a partir do mes de marzo, co que o número de efectivos pasará a ser de once axentes e un inspector xefe.

Máis de 200 deportistas participarán este sábado na 42 edición da Regata Miño Internacional

Máis de 215 deportistas participarán este sábado, 14 de xaneiro, na edición número 42 da Regata Miño Internacional no río Miño ao seu paso por Tui.

A Oficina de Turismo de Tui atendeu 40 mil visitantes en 2022

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu, durante 2022, presencialmente a 39.998 visitantes, dos que 26.913 eran turistas e 10.3685 peregrinos. Destacou o mes de agosto como o de maior afluencia de todo o ano con 8.885 visitantes atendidos.

O alcalde de Tui abordou co director xeral de Cultura a programación do ano Francisco Sánchez

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu onte na Casa do Concello tudense ao director Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade, Anxo Lorenzo Suárez.