Martes, 6 Maio de 2025

Tui

Protección Civil de Tui realizou máis de 300 servizos durante o 2022

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui realizou en 2022 un total de 304 servizos nos que as persoas voluntarias da asociación empregaron 2.475 horas. En concreto ao longo do ano pasado Protección Civil de Tui interveu en 82 accidentes de tráfico e en 7 accidentes laborais.

Convocado o concurso para a elección do cartel das Festas de San Telmo 2023

O Concello de Tui abre a convocatoria do concurso para a elección do cartel anunciador das Festas de San Telmo 2023, no que poden participar artistas plásticos, creadores e creadoras ou calquera persoa que estea interesada. Establécese un único premio de 700 euros e diploma.

A Eurocidade Tui-Valença está de aniversario

A Eurocidade Tui-Valença celebra o seu undécimo aniversario cun concerto no Teatro Municipal de Tui. Será este venres, 10 de febreiro, ás 21.30 h (ES).

Tui prepárase para celebrar o Entroido co Desfile-Concurso e o Enterro do Bacallau

Tui prepárase para celebrar as festas de Entroido con dúas citas destacadas marcadas no calendario deste mes de febreiro. Serán o martes 21, festivo local, data na que se celebrará o desfile concurso de grupos e comparsas, e o domingo 26 cando co Enterro do Bacallau despedirase o Entroido deste ano.

Tui participará nas URBACT#InfodayES

O Concello de Tui, representado polo alcalde, Enrique Cabaleiro, participará esta semana, o mércores 8 e o xoves 9, en Vic nas URBACT#InfodayES. Trátase dunhas xornadas que teñen coma obxectivo crear redes de traballo entre cidades europeas en materia de desenvolvemento urbano sustentable.

Este venres preséntase o libro ‘Historias en pedra, Tui e as súas parroquias’

Este venres, 3 de febreiro ás 19 horas, o Edificio Francisco Sánchez acollerá a presentación do libro ‘Historias en pedra, Tui e as súas parroquias’ da artista tudense Rosa María Vila.

O programa integrado de emprego do Concello de Tui inicia a súa actividade

Un total de cen persoas en situación de desemprego verán mellorada a súa empregabilidade a través do Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui foi presentado onte.

A Eurocidade Tui-Valença participa na creación da REDCOT

A Eurocidade Tui-Valença asinará hoxe en Lisboa o Acordo de Constitución da Rede España-Portugal de Cooperación Transfronteiriza. O alcalde, Enrique Cabaleiro, viaxará até a capital lusa para estar presente no acto de sinatura de dito acordo, que foi concertado no pasado cumio luso-español.

Tui recolle e dixitalizará o material da Iniciativa Cidadá Tudense pola Vida en Paz e Liberdade

A Iniciativa Cidadá Tudense pola Vida en Paz e Liberdade fixo entrega o pasado venres ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, de toda a documentación reunida nos anos en que estivo en actividade, así coma da pancarta que empregaban nas concentracións que convocaban cada vez que se producía un atentado terrorista.

Tui recibe a visita da secretaria de Estado de Comercio

A transformación, modernización e dixitalización do comercio local, tanto do sedentario coma do mercado semanal dos xoves, e a reforma integral da praza de abastos será unha realidade grazas á execución do proxecto que comezará en breve e que deberá estar rematado o 30 de xuño de 2024.

Chévere abre o ciclo teatral en Tui con N.E.V.E.R.M.O.R.E.

Chévere abre, este venres, a programación teatral para os meses de febreiro e marzo no Teatro Municipal de Tui, nunha proposta coproducida polo Centro Dramático Nacional.

Tui contará cun novo Centro de Cooperación Policial e Aduaneira

Tui contará cun novo Centro de Cooperación Policial e Aduaneira, CCPA, na Avenida de Portugal. O proxecto está agora mesmo en fase de licitación por parte do Ministerio do Interior.