Luns, 5 Maio de 2025

Tui

Visita aos muíños do Tripes o próximo venres

“Coñece o noso patrimonio rural: Os Muíños do Tripes” é o título da visita guiada que o próximo venres, 11 de agosto, ás 10 h terá lugar á case unha trintena de muíños situados na senda do río Tripes.

Aumenta o servizo de buses Vigo-Baiona, Vigo-Gondomar e o servizo diario do Porriño, Tui e Ponteareas cara a Praia América

A Xunta incrementa en agosto máis de 200 frecuencias de autobús á semana na liña Vigo-Baiona e Vigo-Gondomar, e nos servizos diarios do Porriño, Ponteareas e Tui cara a Praia América, en Nigrán.

Tui prepara visitas guiadas para o mes de agosto

A próxima semana proseguen as visitas do programa “Coñece o noso patrimonio” organizadas polo Instituto de Estudios Tudenses coa colaboración da concellería de Patrimonio e Turismo do Concello de Tui.

Tui recuperará a senda do río Caselas pondo en valor este espazo natural e patrimonial

O Concello de Tui fai unha aposta decidida pola recuperación das contornas naturais e patrimoniais do municipio. Nesta liña de traballo vai realizar a recuperación ambiental do río Caselas cunha senda fluvial e a restauración de dous muíños.

1.200 mozos e mozas de Xetafe preparan en Tui a Xornada Mundial da XuventudeVai

Un total de 1.200 mozos e mozas da diocese de Xetafe están até o próximo luns en Tui preparando a súa participación na Xornada Mundial da Xuventude a próxima semana en Lisboa. Os dous pavillóns municipais, xunto ao pavillón do CEIP nº 2 e do IES San Paio e as instalacións do Colexio Maristas Santa María serven de aloxamento e centros de actividades.

Renovada a iluminación do campo de fútbol de Guillarei con tecnoloxía led

O Campo Municipal de Fútbol “A Gándara” de Guillarei conta con novo sistema de iluminación. O Concello de Tui vén de investir 4.500 € de fondos propios para a renovación das torretas de iluminación e o cambio a tecnoloxía led das luminarias.

Margarida Mariño e Laura Iturralde poñen en escena mañá xoves en Tui “As voces da Conciencia”

A praza norte da Catedral de Tui será mañá o escenario de “As voces da conciencia” con Margarida Mariño e Laura Iturralde e dentro do programa “Mulleres en acción. Violencia Zero” da Deputación de Pontevedra.

Tui rehabilitará cinco vivendas municipais en Caldelas para destinalas a alugueiro social

O Concello de Tui vai rehabilitar 5 vivendas no edificio de titularidade municipal en Caldelas, o que suporá un investimento de 425.743,84€. Deste total o Instituto Galego de Vivenda e Solo financiará 250 mil euros ao abeiro da convocatoria das Subvencións para rehabilitar as edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugueiro social.

Música ao aire libre coa programación “Tui, verán na rúa”

O festival IKFEM, a Noite Internacional do Miño, os primeiros concertos de Sons na rúa e cinema ao aire libre centran a programación de “Tui, Verán na rúa”.

O folclore de Tahití, Serbia e África do Sur protagoniza a Noite Internacional do Miño

O folclore de Tahití, Serbia e África do Sur protagonizará o próximo martes, 25 de xullo, ás 21.30 h a Noite Internacional do Miño. Este evento organizado pola Escola de Música e Baile San Fins de Rebordáns conta coa colaboración do concello de Tui e forma parte da programación de “Tui, Verán na rúa”.

O mércores 26 abre o prazo de inscrición para participar na Festa Gastronómica o 19 de agosto

O Concello de Tui abrira o próximo mércores 26 de xullo o prazo de inscrición para participar na Festa Gastronómica que se vai celebrar o sábado, 19 de agosto, dentro da programación da XI Festa do Miño.

Tui consolídase coma un dos primeiros puntos de inicio do Camiño de Santiago

A cidade de Tui consolida o seu papel protagonista no Camiño de Santiago neste ano 2023. Segundo os datos aportados polo Centro Internacional de Acollida ao Peregrino da Catedral de Santiago ata o pasado 15 de xullo as rutas xacobeas acolleron a un total de 205.950 peregrinos.