Domingo, 4 Maio de 2025

Tui

Tui reparará os danos do temporal do pasado inverno grazas á Deputación

O Concello de Tui vai recibir 139.488 € da Deputación de Pontevedra ao abeiro da liña de subvencións da entidade provincial para reparar os danos causados polas inundacións rexistradas entre o 24 de decembro de 2022 e o 1 de xaneiro de 2023.

Máis de 200 persoas participaron nas experiencias de turismo verde celebrada en Tui

Tui despide a programación do Día internacional do Turismo 2023 logo dunha gran acollida nas actividades desenvolvidas durante esta fin de semana.

O domingo 31 de decembro celebrarase a II San Silvestre Solidaria de Tui

Club Atletismo Tui traballan xa na organización da segunda edición da San Silvestre Solidaria, que terá lugar o domingo 31 de decembro, a partir das 10.30 h, dende o Paseo da Corredoira de Tui.

O VII Supercross Cidade de Tui reunirá a máis de 70 pilotos

O Motoclub Randufe, en colaboración co Concello de Tui, organizará hoxe sábado, 30 de setembro, nas instalacións Offroad de Rebordáns, o VII Supercross Cidade de Tui. Participarán máis de 70 pilotos de Galicia e Portugal, nas distintas categorías do evento.

As Neves, Crecente, Nigrán, Tui, Mondariz-Balneario, Salvaterra, Mondariz e Covelo avanzan na transformación dixital coa Deputación

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar os convenios de colaboración con 19 concellos da provincia para avanzar na transformación dixital e modernización dos mesmos grazas a unha achega de 2,52 millóns de euros dos fondos Next Generation.

O programa “Cultiva a Mente” do Concello de Tui chega a todas as parroquias

Traballar na prevención e promover un envecellemento activo da poboación son parte dos obxectivos do programa “Cultiva a Mente” organizado e financiado polo Concello de Tui, que dende hai cinco anos se realiza en colaboración de AFAGA, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia.

Actividades para todas a idades en ‘Outubro mes da Biblioteca’

Ao longo do mes de outubro celebrarase en Tui un amplo programa baixo o título de “Outubro mes da biblioteca”. Está organizado pola Biblioteca Municipal tudense co obxectivo de achegar á lectura á sociedade tudense con actividades tanto para público infantil coma adultos, e exposicións.

A oficina de turismo de Tui atendeu na fin de semana peregrinos de 24 nacionalidades

O dinamismo e internacionalización que está a vivir o Camiño Portugués de Santiago ao seu paso por Tui queda reflectido nos datos rexistrados esta fin de semana pola Oficina Municipal de Turismo tudense.

Derradeira conferencia sobre Francisco Sánchez a cargo de Laureano Alonso

Mañá mércores, 27 de setembro, ás 20 h terá lugar a derradeira das conferencias sobre Francisco Sánchez, organizadas polo Concello de Tui dentro do programa ‘Setembro Xudeu en Tui’ para conmemorar o IV centenario do seu falecemento na cidade francesa de Toulouse.

O MUMI saca músculo e consolídase como o espazo de internacionalización das nosas músicas

A 4ª edición do MUMI remata coa certeza de ter colocado novos e importantes chanzos no seu obxectivo de tender unha ponte entre as músicas de Galicia e Portugal abrindo o camiño da internacionalización para ambos territorios.

Os horarios dos autobuses de Tui a Vigo cambiarán desde o xoves ante a aumento dos usuarios

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade modificará desde o vindeiro xoves, día 28 de setembro, horarios nos servizos de autobús entre Tui e Vigo para atender axeitadamente o aumento de usuarios rexistrados.

A prolongación da autovía Tui-A Guarda vén de acadar o visto e prace ambiental

O proxecto de prolongación da autovía Tui-A Guarda entre a estrada autonómica PO-350 e Estás vén de acadar o visto e prace ambiental.