Mércores, 7 Maio de 2025

Tomiño

O Concello de Tomiño fai unha reforma integral na Escola Unitaria de Carregal

O Concello de Tomiño pon a punto as escolas antes do comezo do curso escolar. Así, durante o verán, efectuáronse traballos de reforma e mellora nas escolas de Carregal, Taborda, Figueiró e Amorín, ademais do mantemento básico que se efectúa en todos os centros escolares en época estival.

A Cañiza e Tomiño contarán con iluminación sostible

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de dar conta da concesión de máis dun millón de euros procedentes de fondos europeos para financiar a renovación de instalacións de iluminación exterior sostible en dez concellos da provincia, que contan cun orzamento total de preto de 1,2 millóns de euros.

O Campamento Musical de Tomiño inicia dúas semanas de actividades

O Campamento Musical, organizado polo Concello de Tomiño en colaboración coa Agrupación Musical de Goián, arrancou esta semana con 45 participantes de entre 3 e 12 anos.

Juan Carlos Triñanes Buceta gaña o primeiro premio do XI Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández

A undécima edición do Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández celebrouse con éxito de participación o 20 de agosto. O certame realizouse de forma simultánea nas vilas fronteirizas de Tomiño e Vila Nova de Cerveira.

O XI Certame de Pintura Antonio Fernández anegará de arte a Eurocidade Cerveira-Tomiño este domingo

O certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández chega á súa undécima edición este domingo e faino, como cada ano, convocando a máis de medio cento de artistas para pintar en vivo as paisaxes miñotas de Goián e Cerveira.

O PSOE de Tomiño acusa ao goberno local de “escurantismo” na modificación puntual do PXOM para implantación de solo industrial

Na sesión plenaria do Concello de Tomiño, celebrada o pasado xoves 10 de agosto, tratouse, entre outros temas da orde do día, a aprobación...

O PSOE de Tomiño esixe solucións ante a praga de moscas que invaden as parroquias e que supón “un grave problema de saúde”

O grupo municipal socialista de Tomiño volve a denunciar, unha vez máis, o que cualifica de "gravísima situación de saúde pública" que está a padecer a veciñanza do concello a causa da praga de moscas que, dun tempo a esta parte, invade as parroquias tomiñesas.

Tomiño aproba a tramitación da modificación do PXOM para crear o Parque Empresarial Transfronteirizo

O Pleno do Concello de Tomiño aprobou onte o inicio da tramitación da modificación puntual do PXOM para crear o Parque Empresarial Transfronteirizo.

Unha unidade móbil de doazón de sangue estará este venres en Goián

Goián recibe a visita dunha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue esta semana. Mañá venres, 11 de agosto, o autobús da Axencia situarase na parada de autobús (na Carballeira) durante toda a tarde, en horario de 16 a 21 horas, para todas aquelas persoas que desexen achegar a súa pinga de solidariedade.

Tomiño pon a punto os parques infantís para o verán

O Concello de Tomiño pon a punto os parques infantís do municipio tras finalizar diversas obras de construción e mellora, cunha inversión total que superou os 380.000 euros. Estas actuacións teñen como obxectivo facer dos parques espazos máis inclusivos, pensados para nenos e nenas con todo tipo de capacidades, e que conviden ao xogo en grupo.

Máis de 500 persoas participan esta semana no programa “En Ruta coa Depo”

A Deputación de Pontevedra organiza esta semana 10 saídas no marco do programa provincial “En Ruta coa Depo”, unha iniciativa que ofrece aos colectivos sociais da provincia a posibilidade de pasar un día de convivencia, ocio e tempo libre en lugares emblemáticos do territorio provincial.

Volve a Tomiño o Cine na Rúa para o público familiar

O Cine na Rúa volve a Tomiño este mes de agosto con tres propostas para o público familiar. As proxeccións comezarán este mesmo venres, 4 de agosto, con ‘Canta 2’, unha divertida historia do mundo do rock.