Domingo, 11 Maio de 2025

Tomiño

Empresas da zona doan desinteresadamente ao Concello de Tomiño pantallas e máscaras protectoras

Varias empresas da zona están doando ao Concello de Tomiño pantallas e máscaras protectoras, para repartir entre os voluntarios e voluntarias de Protección Civil e Policía Local, asociación de comerciantes, preceiros e traballadores municipais.

Tomiño colabora coa Asociación Párkinson Baixo Miño no reparto dun caderno que se elabora semanalmente

O departamento de Benestar Social do Concello deTomiño está colaborando coa Asociación Párkinson Baixo Miño, no reparto entre os usuarios e usuarias do...

Tomiño pon en marcha ‘En Familia’, unha ferramenta online para as familias durante o confinamento

'Adivina canto te quero', un conto en formato vídeo da educadora infantil Quelly Rodríguez, ou a canción dos dediños en familia, coa compañía Migallas Teatro, son dúas das interesantes propostas do programa online 'En Familia' posto en marcha polo Concello de Tomiño na súa páxina web, co propósito de axudar durante a cuarentena na crianza das fillas e fillos.

Tomiño cancela a recollida de voluminosos para priorizar a desinfección de colectores es espazos públicos

O Concello de Tomiño vén de anunciar a cancelación do servizo de recollida de voluminosos co fin de intensificar a desinfección de colectores e espazos públicos de tránsito. Nestes días, tamén na xestión do lixo, se precisa a colaboración de toda a cidadanía para tirar o mínimo lixo posible e nada fora do colector correspondente.

Tomiño procede á rehabilitación enerxética da antiga Escola Obgradoiro de Goián

O Concello de Tomiño está levando adiante a rehabilitación enerxética da antiga Escola Obradoiro de Goián, consistente no acondicionamento e mellora da envolvente actual do edificio, renovación completa da cuberta, dunha parte da fachada, renovación da carpintería exterior e instalación dun sistema de ventilación con recuperación do calor para renovar o aire interior.

O campo do Alivio, en Tomiño, luce o mural de Genma Marqués dedicado á veciña máis lonxeva da vila

O Concello de Tomiño celebra, coma cada ano, o Día Internacional da Muller (8 de marzo), cunha serie de actos. Estes comezaron xa este pasado venres coa inauguración dun mural no exterior do Campo de fútbol do Alivio, obra da artista guardesa Gemma Marqués sobre unha imaxe de Sara Rodríguez Salvador 'Sara da Pisca', tomada pola fotógrafa Pily Reñones.

Mostra de Cultivos de Tomiño, “máis profesional para as empresas e máis participativa e dinámica para o público”

A Mostra de Cultivos do Baixo Miño chega á súa décimo séptima edición renovada e con moitas novidades no peto. Organizada de forma conxunta pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño e o Concello de Tomiño, a mostra celebrarase os vindeiros 13, 14 e 15 de marzo no pavillón municipal de Goián tras un intenso esforzo por “reinventarse” e por ofrecer un amplo e atractivo programa tanto para profesionais como para público xeral.

A ‘III Festa dos Callos de Tomiño’ despachará, este domingo, máis de 3.600 racións

O Tomiño F.C. organiza o vindeiro domingo, 8 de marzo, a terceira edición da Festa dos Callos, unha festa gastronómica nacida co fin de recadar fondos para o club, e á vez ampliar a oferta de actividades da axenda da vila. O éxito das anteriores edicións fixo que a organización teña incrementado tanto os quilos de produto coma o número de racións.

Tomiño beneficiarase da fibra óptica en practicamente todo o municipio

O Concello de Tomiño vén de recibir constancia de que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), da Xunta de Galicia, e a Administración Xeral do Estado van promover de xeito complementario co Concello de Tomiño, unha serie de despregamentos de redes ultrarrápidas de acceso a Internet, para tentar chegar a practicamente a totalidade dos barrios e parroquias do municipio.

Tomiño aproba as bases do ‘Circuíto Cultural 2020’

O Goberno local de Tomiño vén de aprobar as bases do 'Circuíto Cultural 2020', unha iniciativa que ten como finalidade "apoiar ás agrupacións musicais tradicionais do municipio que figuren no Rexistro de Asociacións do Concello de Tomiño". A través do 'Circuíto Cultural 2020', as asociacións que cumpran os requisitos, poderán ser contratadas por un terceiro sendo aboada, unha parte da súa retribución económica, polo Concello tomiñés.

O PSOE de Tomiño denuncia as “dificultades” para acceder á información sobre o treito II da VAC Tui-A Guarda

As e os socialistas de Tomiño veñen de amosar o seu rexeitamento polo que cualifican de "dificultade para poder acceder á información pública á que fai referencia o DOG n°27 do 10/02/2020 sobre 'Proxecto de trazado: Reformulación do treito PO-350-Goián da VAC Tui-A Guarda Treito II".

Nenos e nenas do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián reciben a visita da escritora Iria Misa

Os nenos e nenas do CEIP Pintor Antonio Fernández levan moito tempo esperando por unha visita moi especial. Non lles daba chegado o día...