Martes, 13 Maio de 2025

Tomiño

O PSOE de Tomiño lamenta que o BNG aprópiese dunha iniciativa socialista sobre o grave problema do Centro de Saúde de Tomiño e Consultorio...

O Grupo Municipal Socialista de Tomiño vén de amosar o seu "asombro e estupor" pola posta en marcha, por parte do BNG local, dunha campaña de recollida de firmas para dar solución á grave situación que atravesa o centro de saúde de Tomiño e o Consultorio de Goián no que o persoal vén denunciando agresións verbais por parte de usuarios e usuarias.

A exposición fotográfica do curso “Namórate de Ti” pode verse no mercado municipal até final de mes

O Mercado Municipal de Tomiño acolle a partir de hoxe e até final de mes, unha exposición fotográfica resultante do curso “Namórate de ti” organizada pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural, en Tomiño.

Unha viaxe teatral pola vida de María Casares inaugura a axenda cultural de outono do Concello de Tomiño

“Despois das ondas. Unha viaxe teatral pola vida de María Casares” abre o vindeiro sábado, tras o parón do Covid-19, a Axenda Cultural de Outono do Concello de Tomiño. Nesta peza, mesturando cinema en directo, teatro e música, percorreranse os lugares e momentos da vida de María Casares, actriz coruñesa de talla internacional considerada musa do existencialismo francés, na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio.

Milu Rodríguez e Eduardo García, do Club Trega de Tomiño, campións galegos do Campionato Máster ao aire libre

Fantástica fin de semana para os deportistas tomiñeses. Os atletas da Sociedade Atlética do Trega de Tomiño volveron ás pistas con grandes resultados despois de meses sen competicións pola situación sanitaria baixo as máis estritas medidas de seguridade. Foi o pasado sábado no XXXIII Campionato de Galicia Máster ao aire libre celebrado en Pontevedra, no que Milu García e Eduardo García se proclamaban campións galegos e conseguían un total de tres medallas de oro para o club tomiñés.

Tomiño aproba en pleno a súa conta xeral

O Concello de Tomiño celebrou este xoves 24 un pleno ordinario no que, entre outros asuntos, se aprobou a Conta Xeral do orzamento municipal de 2019. A Conta Xeral é un trámite administrativo que rebela a boa saúde económica do Concello e que permite tanto á corporación como á cidadanía coñecer as actuacións realizadas durante todo o exercicio orzamentario, permitindo controlar o uso dos fondos públicos a xestión económica, financeira, patrimonial e orzamentaria do municipio.

Tomiño pon en marcha un curso de competencias dixitais para mulleres en situación de vulnerabilidade

O Concello de Tomiño pon en marcha o curso ‘Competencias dixitais para o emprego e nas relacións coa Administración’, un obradoiro dirixido a mulleres usuarias dos departamentos municipais de Benestar Social e Orientación Laboral en situación desemprego, de mellora de emprego e/ou en situación de especial vulnerabilidade por diversas circunstancias.

Tomiño supera as 1.000 incidencias resoltas a través da súa app Liña Verde

A app móbil Liña Verde de Tomiño naceu hai apenas seis meses co obxectivo de ofrecer á veciñanza un método de comunicación sinxelo e directo co Concello usando as novas tecnoloxías. Hoxe xa se superan as 1.000 incidencias solucionadas a través desta aplicación, a maioría delas (68,7%) resoltas en poucos días.

Feira de artesanía este domingo 27 en Tomiño

Tomiño acolle esta fin de semana a celebración da primeira Feira de Artesanía, unha actividade organizada por Artesáns Baixo Miño coa que colabora o Concello tomiñés. O encontro terá lugar o domingo 27 de setembro na Praza do Seixo, onde o público poderá desfrutar dos postos de diferentes artesáns de 10.30 a 20.30 horas.

A Eurocidade Cerveira-Tomiño planta a ‘Arbore da Amizade’ no parque de lecer do Castelinho

Con motivo da Semana Europea da Cooperación, os alcaldes da Eurocidade Cerveira-Tomiño, Sandra González e Fernando Nogueira, participaron onte venres nun acto simbólico de plantación da 'Árbore da Amizade' no Parque de Lazer de Castelinho. O dito asegura que a amizade é como unha planta, porque o seu fortalecemento require un coidado e atención permanentes.

Tomiño reclamará á Xunta os gastos xerados pola desinfección dos centros escolares

Tomiño súmase á reivindicación para que a Xunta dote de suficiente profesorado e persoal aos centros escolares, garantindo así a actividade educativa ao longo deste curso en calquera dos escenarios posibles. O Concello aprobou este xoves unha moción similar á presentada de forma conxunta por BNG e PSdG-PSOE e aprobada en sesión plenaria na Deputación de Pontevedra, na que se solicita ao goberno autonómico que asuma a responsabilidade e adopte medidas que son da súa competencia.

Tomiño alberga a última proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica

O Espazo Fortaleza de Goian, no Municipio de Tomiño, alberga este sábado a quinta e última proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica, recta final que tras varias xornadas de competición lideran os noieses José Barrio e Pilar Sarmiento.

Tomiño participa na limpeza simultánea de ríos impulsada por Adega

Como cada ano o Concello de Tomiño colaborará coa limpeza simultánea de ríos impulsada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) ao abeiro do Proxecto Ríos. O vindeiro 27 de setembro voluntarios e voluntarias participarán nesta actividade que, baixo o lema de ‘Móllate polos ríos’, promove a retirada de lixo da beira dos ríos, coa que se busca achegar un gran de area na conservación dos ecosistemas fluviais e concienciar á veciñanza.