Mércores, 2 Xullo de 2025

Tomiño

A Xunta remata a mellora da seguridade viaria na PO-552 Tui-Tomiño e elimina os tramos de concentración de accidentes

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, vén de rematar coas obras de reforzo da seguridade viaria na estrada autonómica PO-552, no treito entre Tui e Tomiño, consistentes na eliminación dos seus tramos de concentración de accidentes grazas a un investimento, incluíndo as expropiacións e os servizos afectados, de 660.000 €.

Tomiño concederá subvencións por valor de 90.000 euros a asociacións sen fins de lucro

O Concello de Tomiño concederá un ano máis subvencións a asociacións sen fins de lucro, que realizan actividades no ámbito cultural, deportivo e social.

A Escola Infantil do Seixo de Tomiño contará con paneis solares para a produción de enerxía eléctrica

O Concello de Tomiño vén de conseguir do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) unha nova liña de axudas para a instalación de sistemas de enerxía fotovoltaica nos edificios públicos.

Tomiño leva a cabo un estudo para recadar información actualizada das Comunidades de Montes

O Concello de Tomiño está desenvolvendo estas semanas un amplo estudo para coñecer de primeira man a situación actual das Comunidades de Montes do municipio. A iniciativa pretende conseguir información ordenada e actualizada das 15 entidades existentes na localidade co obxectivo de poder detectar as súas necesidades e capacidades, o que permitirá establecer novos eidos de traballo conxunto entre estas institucións e a administración local.

O Concello de Tomiño pon en marcha o Circuíto Cultural 2021

O Concello de Tomiño vén de publicar as bases do "Circuíto Cultural" 2021 co obxectivo de promocionar un ano máis as agrupacións musicais tradicionais do municipio. Aquelas asociacións que cumpran cos requisitos poderán ser contratadas por un terceiro tendo unha parte da súa retribución económica aboada pola administración local.

Tomiño presenta a nova edición de O Siñor Afranio, a obra que recolle a fuxida de Antón Alonso Ríos

Este sábado tivo lugar no Mercado de Tomiño a presentación da terceira edición do libro O Siñor Afranio, a obra que narra as memorias do político e líder agrarista Antón Alonso Ríos como fuxido das forzas sublevadas en 1936, un periplo de máis de dous anos no que percorre o sur de Galicia facéndose pasar por esmoleiro ata lograr chegar a Bos Aires.

Tomiño reformará a cuberta do Auditorio de Goián e instalará novo equipamento técnico

O Concello de Tomiño levará a cabo obras de mellora no auditorio de Goián consistentes na mellora do seu equipamento e na reforma da cuberta. O edificio, remodelado no ano 2015 para habilitar os espazos necesarios para a creación da Escola de Música, será tamén intervido para adecuar as instalacións en diversos aspectos como a iluminación e o son, co fin de que poidan cubrir as necesidades actuais de uso.

Tomiño anima á veciñanza a participar na creación do Arquivo da Imaxe Municipal

O Concello de Tomiño acaba de poñer en marcha a segunda fase do arquivo da imaxe municipal. Logo da conclusión da primeira fase realizada nos últimos meses, que consistiu na recollida de máis de 3.000 fotografías de múltiples fontes tales como hemerotecas de diversas publicacións, arquivos fotográficos ou fundacións, o arquivo inicia agora a súa segunda fase, na que será imprescindible a participación cidadá.

Vinte e tres persoas obteñen a licencia de navegación no curso impartido en Tomiño

O pasado sábado impartiuse en Tomiño o curso para obter ou renovar a licencia de navegación, organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica. En total matriculáronse na actividade formativa 23 persoas, das cales unha pertence a un colectivo con discapacidade.

Tomiño retoma a programación cultural co espectáculo “Só.”, do artista Xampatito Pato

A programación cultural volve a Tomiño o vindeiro 25 de abril. Será no Auditorio de Goián a mans do artista Xampatito Pato, co seu espectáculo “Só.”, unha auténtica revelación na escena circense.

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores estará en Tomiño os días 22 e 23 de abril

A unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores desprazarase a Tomiño durante os días 22 e 23 de abril. O lugar do seu emprazamento será en A Rocha nº 8, na explanada fronte á Policía Local.

Tomiño prosegue a recuperación de espazos para uso público coa reforma do parque do Campo da Feira

O parque urbano do Campo da Feira, situado moi preto da praza municipal, atópase na actualidade conectado a este espazo a través da Rúa da Feira, urbanizada con beirarrúas estreitas e de difícil accesibilidade para o uso peonil, o que sumado ao muro de granito que o rodea provocan que estea afastado e agochado do resto do núcleo urbano. O feito de ter que cruzar a avenida Gondomar, que conta cun elevado tráfico, tamén facilita este illamento.