Xoves, 15 Maio de 2025

Tomiño

Tomiño aposta pola educación e visibilización da igualdade para conmemorar o 25N

Educar en igualdade é un dos piares fundamentais para previr as violencias e crear unha sociedade máis xusta. Por este motivo, este ano o Concello de Tomiño súmase á conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres este 25 de novembro cunha ampla programación cultural na que a educación e a visibilización desa igualdade real serán os eixos centrais.

En Tomiño as compras de Nadal teñen premio

O Concello de Tomiño continúa coa súa aposta por dinamizar o comercio local, especialmente cando se achega unha das épocas máis importantes do ano a nivel de vendas.

‘Voces Novas’, altofalante da mocidade tomiñesa no X Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia – Unicef

É hora de facerse cargo e que a saúde mental sexa unha prioridade na sanidade pública. Así de rotundos se amosaron os representantes do Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño, ‘Voces Novas’.

A música latina, gran protagonista do concerto de Santa Icía da Agrupación Musical de Goián

Tomiño celebra o día da patroa da música por todo o alto. A Agrupación Musical de Goián subirase ao escenario este sábado 19 de novembro ás 19.30 horas para representar o seu tradicional concerto de Santa Icía.

Tomiño traballa para eliminar a entrada de augas pluviais á rede de saneamento

O Concello de Tomiño en colaboración con Aqualia levará a cabo nas vindeiras semanas unha campaña de inspección e control das redes municipais de saneamento e das conexións particulares de augas pluviais co obxectivo de “evitar que, en momentos intensos de choivas como os que estamos a ter, suframos a insuficiencia dalgúns colectores, incapaces de asumir os volumes de augas que reciben para o seu transporte ata a Estación Depuradora de Augas Residuais de Tomiño (EDAR)”, como sinala o concelleiro de Servizos Públicos, Lois Vázquez.

Pinocho chega a Goián en forma de teatro musical

O Concello de Tomiño continúa ofrecendo á veciñanza unha ampla programación cultural con actividades pensadas para o desfrute de todos os públicos e todas as idades.

O Outono de libros baixa o pano coa ópera prima do escritor tudense Emilio Estévez

Tras seis semanas achegando á veciñanza a literatura de autores e autoras da comarca, o Outono de libros do Concello de Tomiño baixa o pano cunha presentación moi especial, a da ópera prima do tudense Emilio Estévez, ‘El Báculo de San Epitacio. Susana, Susana...’.

Tomiño deu apoio a máis de 4.300 persoas para promover o seu benestar social

O Concello de Tomiño segue avanzando ano a ano para garantir que toda a veciñanza poida acceder a unha atención social que lle permita mellorar a súa calidade de vida, fomentando a integración e apostando pola prevención.

Tomiño pon en marcha o programa Encaixat

Tomiño continúa a ser un referente en políticas de infancia e adolescencia. O Concello e Aldeas Infantiles asinaron este mércores o convenio de colaboración para a posta en marcha de Encaixat, un proxecto pioneiro no que se entende a infancia dun xeito integral.

Tomiño continúa a súa andaina pioneira na compostaxe

Tomiño continúa coa súa aposta pola compostaxe para converterse nun municipios máis verde e sostible. Neste camiño, o Concello, a través do programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra, impulsou numerosas accións relacionada coa xestión descentralizada dos biorresiduos entre a veciñanza.

Interese irlandés pola experiencia de participación pública da Eurocidade Cerveira-Tomiño

Impresionado por como a “participación cívica está no corazón de cada paso que se dá na conformación da cooperación transfronteiriza na Eurocidade Tomiño-Cerveira”. Así o expresaba nunha rede social ao remate da xornada Anthony Soares, director do Centre for Cross Border Studies CCBS de Armagh, en Irlanda do Norte, que visitou Tomiño e Cerveira para coñecer en detalle a experiencia da Eurocidade.

Superpoderes, lingua e artesanía nos novos cursos da OMIX de Tomiño para este outono

O Concello de Tomiño segue a por en marcha novos cursos, obradoiros e iniciativas para que a mocidade siga aprendendo e divertíndose durante os meses de outono.