Mércores, 14 Maio de 2025

Tomiño

‘Voces Novas’, altofalante da infancia e mocidade tomiñesa no Consello Autonómico de Participación Infantil

Tomiño contará con voz propia no Consello Autonómico de Participación Infantil e Xuvenil. Será a través de Irene Pereira, unha das integrantes do Consello da Infancia e Adolescencia ‘Voces Novas’.

Alumnado de francés do IES Antón Alonso Ríos mergúllase na vida parisina

Mergullarse na cultura, na vida e na sociedade francesa, coñecendo de primeira man a realidade do país veciño e completando a formación recibida nas aulas.

O alumnado do CEP Pedro Caselles esculpe soños coa Asociación Avelaíña

Sensibilizar e previr problemas de saúde mental nas aulas pero tamén nos fogares. Con ese obxectivo nace ‘Esculpindo soños, tecendo ás’, un proxecto que busca poñer en contacto ao alumnado de 4º de primaria do CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán con usuarios e usuarias da Asociación Avelaíña, unha entidade sen ánimo de lucro que axuda ás persoas con enfermidades mentais, ás persoas coidadoras e ás súas familias.

A Xunta inicia as obras da senda peonil en Forcadelas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou as obras de construción dunha senda peonil na estrada PO-195 en Forcadela, no concello de Tomiño.

Costas do Estado reconstruirá parte da senda que une Tomiño e O Rosal danada polas inundacións

A reconstrución do tramo da senda peonil que une Tomiño e O Rosal danada polas inundacións do pasado mes de xaneiro comezarán en breve.

Tomiño, unha vila chea de arte

En Tomiño a arte e a cultura teñen un papel e un espazo destacado. Por este motivo, o vindeiro sábado 15 de abril, o concello conmemorará o Día Mundial da Arte con varias actividades coas que dar a coñecer a importancia da arte, da innovación e da creatividade na sociedade.

Tomiño transformará a Casa dos Mestres na Casa do Tempo

Tomiño vén de conseguir unha subvención de 560.000 euros de fondos europeos para transformar a Casa dos Mestres e as escolas unitarias de Sobrada na Casa do Tempo, un lugar dixital, interactivo e inclusivo destinado á recollida e conservación de documentos gráficos e audiovisuais sobre os usos, costumes, patrimonio e tradicións desta parroquia.

A OMIX de Tomiño propón un obradoiro de bailes de serán

A OMIX de Tomiño prepara para o vindeiro mes de maio un obradoiro de bailes de serán, un taller de catro horas de duración no que os mozos participantes "poderán coñecer os aspectos básicos do baile popular galego".

O Concello investiu 1,1 millóns de euros na mellora das instalacións deportivas de Tomiño

O Concello de Tomiño continúa coa súa aposta estratéxica polo deporte no municipio, tanto polos clubs consolidados e polos deportistas individuais como polo deporte de base. Neste camiño, o Goberno municipal investiu 1,1 millóns de euros nas diferentes instalacións deportivas do concello, espazos que cada día son empregados por centos de deportistas tomiñeses e tomiñesas das máis variadas disciplinas, dende fubtol ata judo, piragüismo, patinaxe, boxeo, skate, calistenia, tenis ou atletismo, entre moitas outras.

A Xunta destina case 270.000 euros aos cinco concellos do Baixo Miño ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, destina unha achega de 267.352 euros a prol dos cinco concellos da bisbarra do Baixo Miño ao abeiro do Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informou onte desta resolución para esta zona nunha visita a Tomiño, onde supervisou as obras realizadas nos viais do Lago, na parroquia de Figueiró, grazas aos fondos concedidos coa anterior convocatoria, na compaña do xefe territorial do Medio Rural, Antonio Crespo, a alcaldesa, Sandra González

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música

A mocidade da Eurocidade Cerveira-Tomiño estará máis unida que nunca grazas á música. Xa está aberto o prazo de inscrición para participar en Música Nova, un dos proxectos elixidos pola rapazada de ambos os dous concellos nas votacións do Orzamento Participativo Transfronteirizo para este ano 2023.

CEIP Plurilingüe de Tebra, espertando a paixón por aprender

Unha nova forma de aprender, poñendo aos nenos no centro, apoiando ás familias e poñendo en marcha unha ampla variedade de proxectos que buscan ante todo desenvolver ao máximo as potencialidades do seu alumnado.