Fin de semana de música en Tomiño con ‘Uxía Lambona e a Banda Molona’, un espectáculo para todos os públicos co que Troula Animación conquistará á cativada e a maiores este domingo 2 de xullo.
Tomiño incorpora un Desfibrilador Externo Semiautomático (DESA) ás instalacións municipais. O mercado de Tomiño conta xa con este novo aparello eléctrico portátil.
O Concello de Tomiño participa no proxecto ‘Da túa man’, unha iniciativa a través da que se poñen en marcha diversas medidas de apoio ao comercio local, entre eles tres accións formativas de balde destinadas a comerciantes do municipio.
A reedición en 2024 dos 'Xogos Eurocidade - Sen Fronteiras' e a definición das actividades conxuntas para os vindeiros meses foron algúns dos temas abordados o pasado mércores polo Comité de Xestión Estratéxica (CGE) da Eurocidade Cerveira-Tomiño.
O Concello de Tomiño entregou este mércores os diplomas acreditativos ás 15 persoas que participaron no último curso de formación como auxiliares de atención sociosanitaria a domicilio impartido pola empresa adxudicataria da prestación do servizo de axuda no fogar.
O Concello de Tomiño vén de dar un paso adiante no turismo de autocaravana. Decenas de autocaravanistas déronse cita esta fin de semana en Goián na estrea da área de aparcadoiro situada preto da Escola de Música, unha zona con 8 prazas sinalizadas e que conta con todos os servizos necesarios para acoller a este novo tipo de visitantes.
Vinte e cinco anos de vida e música a esgalla. A Agrupación Musical de Goián celebra a vindeira semana o seu 25 aniversario cun emotivo concerto aberto a toda a veciñanza no que o público poderá gozar non só dunha xornada chea de música, senón tamén da propia historia da Agrupación.
Tarde de música, risas e algunha que outra bágoa na graduación dos 75 alumnos de Bacharelato e dos ciclos medios de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural e de Instalacións de Telecomunicacións do IES Antón Alonso Ríos.
Tomiño acollerá unha nova visita dunha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue a vindeira semana. O mércores 21 de xuño o autobús da axencia situarase na parada de autobús, na Carballeira, de 16.00 a 21.00 horas para todas aquelas persoas que desexen achegar a súa pinga de solidariedade.
O Concello de Tomiño incorporará este ano ao seu persoal a catro persoas desempregadas ao abeiro do proxecto ‘Primeira Experiencia Profesional 2023/2024’, un plan para o fomento da empregabilidade posto en marcha pola Deputación de Pontevedra.
Galicia conta cunha poboación envellecida, co dobre de persoas maiores de 65 anos que de rapaces de menos de 16. Nesta realidade, Tomiño conmemorou o Día Mundial da Toma de Conciencia do Abuso e Maltrato á vellez para visibilizar unha problemática cada vez máis habitual entre a sociedade.
O grupo xuvenil da Escola de Teatro de Tomiño remata o curso levantando o pano. O alumnado de 13 a 18 anos subirase este domingo 18 de xuño ao escenario para interpretar ‘Menuda veciña!’, unha obra coa que os mozos que participan nesta escola municipal demostrará todo o aprendido ao longo destes meses de clases e ensaios.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.