Martes, 8 Xullo de 2025

O Baixo Miño

A Guarda acollerá a exposición “A saia raíña”

A Casa dos Alonsos da Guarda acolle do 10 de novembro ao 5 de decembro en horario de mañá a exposición “A Saia Raíña”. Trátase dunha exposición de testemuñas nos formatos de fotografía e audiovisual, froito do traballo de campo de Rita Más Ybáñez en diferentes aldeas e cidades galegas.

Rio Minho, un destino navegable

Ademais de ofrecer relaxantes paseos fluviais, a Ruta do Río Miño, que tivo lugar entre febreiro e outubro, puxo en valor o diverso patrimonio natural, cultural e etnográfico das dúas eurocidades (Monção–Salvaterra de Miño e Valença-Tui) que forman parte de este proxecto, posicionando o río Miño como un destino turístico único e diferenciador.

O Rosal achégase ás intervencións realizadas no castro do Pico Bandeira cen anos despois

O Rosal continúa ollando cara ao pasado. Este sábado 5 de novembro o Centro Social Polivalente acollerá unha nova charla ao abeiro das II Xornadas de Patrimonio.

A Guarda abre o prazo para que os negocios locais participen na decoración de Nadal

Este ano, ao igual que en edicións anteriores, o Concello da Guarda contará coa colaboración de diversas asociacións culturais e sociais da vila que se encargarán de decorar varias prazas durante as festas do Nadal baixo o proxecto “Decora o teu Nadal”.

Aberta a inscrición para os cursos de formación de Tui

Está aberto o prazo de inscrición para os dous cursos de formación de “Instalación de Elementos de Carpintería” e de “Venda de Produtos e Servizos Turísticos” que se van impartir no Centro Municipal de Formación e Emprego en Guillarei.

Tomiño continúa a súa andaina pioneira na compostaxe

Tomiño continúa coa súa aposta pola compostaxe para converterse nun municipios máis verde e sostible. Neste camiño, o Concello, a través do programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra, impulsou numerosas accións relacionada coa xestión descentralizada dos biorresiduos entre a veciñanza.

Os veciños da Guarda poderán doar sangue os días 4 e 5 de novembro

A unidade móbil de doazóns de sangue estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao Carón do Centro Cultural) o venres 4 en horario de 16:15 ás 21:00 horas e de 16:30 h a 21:00 h e o sábado 5 de 10:15 h ás 15:00 h.

Tui ofrece un outono cheo de propostas de lecer

O outono ofrece en Tui múltiples propostas para gozar do tempo de lecer vinculadas á cultura, ao patrimonio histórico ou natural. Así, por unha banda, mañá sábado e o domingo celébrase a II Feira da Cabaza no edificio dos antigos xulgados na praza da Inmaculada. Este evento enxalza este produto típico do outono a través da exposición e venda, pero tamén coa súa preparación a través de obradoiros infantís de cociña, e demostracións e degustacións de diferentes pratos coa cabaza coma ingrediente principal, maridados con viños da zona e mesmo con cervexa de cabaza.

Interese irlandés pola experiencia de participación pública da Eurocidade Cerveira-Tomiño

Impresionado por como a “participación cívica está no corazón de cada paso que se dá na conformación da cooperación transfronteiriza na Eurocidade Tomiño-Cerveira”. Así o expresaba nunha rede social ao remate da xornada Anthony Soares, director do Centre for Cross Border Studies CCBS de Armagh, en Irlanda do Norte, que visitou Tomiño e Cerveira para coñecer en detalle a experiencia da Eurocidade.

Os voluntarios de Protección Civil en formación continua

Os voluntarios da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui fórmanse de maneira continua ao longo de ano coa realización de distintos cursos especializados. Este colectivo pasará nun días a contar con vinte voluntarios, ao incorporarse seis persoas.

O Rosal estréase en Wikiloc con oito rutas de sendeirismo

Coñecer cada recuncho do Rosal nunca foi tan sinxelo. O Concello estréase en Wikiloc cun perfil propio no que se recolle información detallada sobre unha serie de rutas que percorren o municipio.

O Rosal continúa transformando o núcleo urbano da vila

O Concello do Rosal continúa a traballar para converter o núcleo urbano do municipio nun espazo de calidade, sen barreiras, inclusivo e accesible.