Martes, 8 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Tres voluntarios de Tui reciben o distintivo de permanencia

Tres membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui recibiron o pasado sábado na Estrada, na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, o distintivo de permanencia de Protección Civil.

O cinema chega a Tui este venres coa proxección do filme ‘Cuñados’

Este venres, 11 de novembro, ás 19.30 h, no Teatro Municipal de Tui haberá cita cinematográfica e cómica da man do filme ‘Cuñados’, unha película dirixida por Toño López.

Chega ao Rosal Depoforest

O Concello do Rosal e a Deputación de Pontevedra colaboran para desenvolver no municipio o proxecto ‘Depoforest’, un curso formativo centrado na xestión integral e aproveitamento de piñeirais que, como sinala a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Tomiño deu apoio a máis de 4.300 persoas para promover o seu benestar social

O Concello de Tomiño segue avanzando ano a ano para garantir que toda a veciñanza poida acceder a unha atención social que lle permita mellorar a súa calidade de vida, fomentando a integración e apostando pola prevención.

A Guarda rende homenaxe á Marea Branca no 20 aniversario do Prestige

O Concello da Guarda realiza o vindeiro domingo día 13 de novembro unha homenaxe á Marea Branca no 20 aniversario do afundimento do Prestige fronte á costa galega, nun acto moi emotivo que terá lugar no Miradoiro adicado á Marea Branca na estrada de Circunvalación ao Monte Santa Trega ás 12:30 h.

A oficina de turismo de Tui atendeu preto de 2.700 visitantes en outubro

O pasado mes de outubro Tui continuou sendo un importante punto de referencia turística na comarca e na provincia de Pontevedra. Durante este mes, un importante fluxo de turistas e peregrinos dinamizaron a actividade turística da cidade.

O campamento de Nadal de Rosal abre o prazo de inscrición

O Concello do Rosal xa está preparando todo para que os nenos e nenas poidan desfrutar dunhas vacacións de Nadal chea de actividades. O vindeiro luns 7 de novembro ás 09.00 horas abre o prazo de inscrición para participar no campamento de Nadal.

Tomiño pon en marcha o programa Encaixat

Tomiño continúa a ser un referente en políticas de infancia e adolescencia. O Concello e Aldeas Infantiles asinaron este mércores o convenio de colaboración para a posta en marcha de Encaixat, un proxecto pioneiro no que se entende a infancia dun xeito integral.

A Guarda continúa co reparto gratuíto de composteiros

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, leva repartidos xa máis de 500 composteiros para realizar compost entre os veciños e veciñas das diferentes parroquias a barrios do nosos municipio.

O Concello de Tui pon en marcha a campaña #ElixeTui

O Concello de Tui quere elevar o seu comercio local ás alturas. Neste camiño vén de poñer en marcha unha campaña promocional de apoio ao comercio de proximidade baixo o lema #ElixeTui.

O Rosal pon en marcha un punto verde para xestionar os restos de poda e herbas

O Concello mantén a súa aposta por facer do Rosal un municipio o máis sostible posible. Por este motivo, a partir da vindeira semana o Goberno municipal porá en funcionamento un punto verde, un espazo creado para axudar á veciñanza a xestionar os restos vexetais que non poden ser depositados nos colectores verdes da rúa.

Recala en Tui a exposición “Nun lugar calquera”

O anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, acollerá hoxe xoves, 3 de novembro, ás 12.30 h a inauguración da exposición fotográfica “Nun lugar calquera” sobre a trata de seres humanos que poderá visitarse até o día 15 de novembro.