Domingo, 20 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Oia renovará o céspede e as porterías do campo de fútbol das Tornas

O Concello de Oia continúa coas accións de mellora das instalacións do campo de fútbol das Tornas (Santa María de Oia) que vén realizando nos últimos anos a fin de garantir as boas condicións do terreo de xogo e equipamentos.

Tui renovará o seu mobiliario urbano

O Concello de Tui está a mellorar o mobiliario urbano situado ao longo do termo municipal tanto no centro urbano, coma nas parroquias, nos parques infantís, ou nos centro educativos.

A Xunta mellora o Centro Cultural de Mabia, en Oia

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, vén de colaborar coa mellora integral do Centro Cultural de Mabia, no Concello de Oia, cunha achega de preto de 40.000 euros concedida ao abeiro da orde de axudas para infraestruturas municipais de uso público.

A praza Avelino Vicente lucirá máis fermosa co seu novo mural

O Concello da Guarda deu inicio este ano a outra iniciativa para seguir mellorando a imaxe da vila. En colaboración co artista local Antonio Martinez “Cachi” estase levando a cabo a creación dun mural na Praza de Avelino Vicente, unha das zonas da vila máis concorridas por veciñanza e visitantes a día de hoxe.

Tui conta dende abril con vixilancia nocturna por parte da Policía Local

Dende este sábado día 1 de abril o municipio de Tui conta con vixilancia nocturna por parte da Policía Local. Dous axentes estarán na quenda de noite, que se recupera grazas á incorporación de cinco policías locais.

Inauguración do novo espazo gastronómico do mercado do Rosal

O Mercado Municipal do Rosal vén de completar a súa transformación integral para converterse nun espazo vivo e con futuro, co obxectivo de dinamizar o concello económica e socialmente.

A Guarda reivindica a Feliciano Rolán cun multitudinario acto na Casa dos Alonso

A Casa dos Alonso acolleu no mediodía do sábado día 1 de abril un dos actos máis emotivos de cantos organizou no seus case seis anos de existencia a Asociación Cultural Piueiro en colaboración co Concello da Guarda, a presentación dunha coidada edición bilingüe do poemario “De mar a mar”, de Feliciano Rolán.

Probas de detección rápida do VIH no Baixo Miño da man de Raiceiras

A Asociación Raiceiras pon en marcha un novo servizo no Baixo Miño. A asociación está a realizar de forma gratuita e anónima as probas rápidas do VIH a toda aquelas persoas interesadas maiores de 16 anos. As probas lévanse a cabo por persoal especializado que realizará un acompañamento previo e posterior á realización das mesmas.

As Festas de San Telm,o escaparate da riqueza cultural, patrimonial, deportivo e gastronómica de Tui

Tradición, música, espectáculos familiares, gastronomía, deporte… forman parte da programación das Festas de San Telmo 2023 que se van celebrar do sábado 8 ao luns 17 de abril en Tui. O Paseo da Corredoira, onde se instalará unha carpa para as festas, a praza da Inmaculada, o Teatro Municipal, a rúa Compostela, e o Espazo Feiral, serán os principais escenarios das actividades previstas.

O Concello investiu 1,1 millóns de euros na mellora das instalacións deportivas de Tomiño

O Concello de Tomiño continúa coa súa aposta estratéxica polo deporte no municipio, tanto polos clubs consolidados e polos deportistas individuais como polo deporte de base. Neste camiño, o Goberno municipal investiu 1,1 millóns de euros nas diferentes instalacións deportivas do concello, espazos que cada día son empregados por centos de deportistas tomiñeses e tomiñesas das máis variadas disciplinas, dende fubtol ata judo, piragüismo, patinaxe, boxeo, skate, calistenia, tenis ou atletismo, entre moitas outras.

O peche con balance positivo do Orzamento do 2022 evidencia a boa xestión do Goberno municipal

O Concello do Rosal goza de boa saúde económica. O Goberno municipal aprobou este xoves en pleno a liquidación do orzamento para o ano 2022, que se pechou cun balance económico moi positivo. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, destacou o gran resultado acadado a nivel orzamentario o exercicio pasado, que se pechou cun remanente de tesourería de 1,4 millóns de euros, por riba dos 1,2 millóns de euros de remanente de tesourería xa acadados no ano 2021.

O Pleno do Concello de Oia aproba o proxecto de rehabilitación da Praza de Abastos

Desde hai máis dun ano o Concello de Oia vén dando pasos para avanzar no proxecto de reforma da Praza de Abastos, que permitirá a Oia contar cun novo espazo de uso público situado nunha zona estratéxica do municipio, en pleno centro, a carón da farmacia, centro de saúde, colexio, escola infantil... e con acceso dende a estrada PO-552. As primeiras accións consistiron nun estudo de mercado e anteproxecto, así como a organización de diversos encontros cos comerciantes locais a fin de coñecer as súas opinións e achegas.