Luns, 14 Xullo de 2025

O Baixo Miño

O Rosal prepara novas visitas guiadas de balde este verán

O Rosal prepárase para un verán de turismo e lecer para gozar da natureza e da historia coñecendo un pouco máis o patrimonio cultural e etnográfico do municipio.

O Concello esixe a reapertura inmediata do consultorio médico de Goián

O Concello de Tomiño esixe a reapertura inmediata do consultorio médico de Goián, pechado dende o inicio da pandemia.

Hoxe remata a primeira quenda do campamento de verán Igual É +

A primeira quenda do campamento de verán Igual É +, 2023 organizado polo Concello de Tui a través das concellerías de Deportes e Igualdade, remata hoxe venres día 14.

O Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández volve ás rúas de Tomiño e Cerveira

O Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández volve ás rúas de Cerveira e Tomiño. Organizado pola Eurocidade coa colaboración da Fundação Bienal de Arte de Cerveira, o vindeiro 20 de agosto celébrase a décimo primeira edición deste certame que busca achegar ás e aos amantes da pintura á contorna para que recollan in situ calquera paixase do percorrido establecido no mapa.

A Guarda continúa coa programación de actividades do mes de xullo

O Concello da Guarda continúa coa Axenda de actividades programadas para o mes de xullo, entre as que destacan as festas, concertos, festivais, eventos de gastronomía, exposicións, visitas guiadas e moito máis para gozar da Guarda este verán.

Tomiño comeza a súa particular ‘Operación Triunfiño’

O Concello de Tomiño está a desfrutar da súa particular ‘Operación Triunfiño’. Rapaces e rapazas tomiñesas mergúllanse esta semana nunha experiencia de formación musical única cun completo programa no que aprender técnica vocal, desenvolver a súa actitude escénica e ampliar o seu repertorio, fomentando o talento local e, por que non, brindando unha oportunidade a novas promesas.

O Camiño da Sueira, un novo modelo para os espazos de interese paisaxístico e patrimonial

O Rosal estrea o seu novo modelo urbanístico para espazos de interese paisaxístico e patrimonial. O Concello vén de rematar as obras de reconfiguración do Camiño da Sueira, entre a estrada de Couselo e o Camiño da Menora.

Europa premia á OMIX de Tomiño

Europa vén de premiar á OMIX de Tomiño polas súas boas prácticas como oficina Multiplicadora Eurodesk, un espazo que se encarga da xestión da información europea da provincia sobre campañas, iniciativas e programas de formación a nivel europeo.

Chuny Vázquez presenta unha retrospectiva da súa obra pictórica en Tui

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no edificio Francisco Sánchez, acolle até o venres 28 deste mes a exposición “Un canto á cor e á vida” da guardesa Chuny Vázquez.

A III Mostra de cinema do Rosal proxectará máis de 30 curtas e documentais

Butacas listas para celebrar a III Mostra de cinema do Rosal, un festival organizado pola asociación Ghorghalado coa colaboración do Concello do Rosal que busca achegar ao público rosaleiro unha oferta cinematográfica difícil de atopar nos circuítos habituais.

Abertas as inscricións para a 15k do Atlántico

Dende o 10 de Xullo, están xa abertas as inscricións para poder participar na 15K do Atlántico - Banco Mediolanum, un evento deportivo que terá lugar o 1 de outubro entre os Concellos de Oia, O Rosal e A Guarda con dúas modalidades de participación, mini 15k de 7,5km e 15k de 15km.

A Guarda converteuse na Capital do Blues a pasada fin de semana

A Guarda acolleu a pasada fin de semana a terceira edición do festival musical “A Guarda Mar de Blues”, baixo a organización do Concello da Guarda en colaboración con Onme Producciones - Mais que Blues e patrocinado por Cervezas Alhambra.