Domingo, 11 Maio de 2025

O Baixo Miño

A Eurocidade Tui-Valença reclama a apertura da vella Ponte Internacional “de forma inmediata”

A Eurocidade Tui-Valença reclama a reapertura da vella Ponte Internacional. Así o expuxeron a carón desta centenaria infraestrutura o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara de Valença, Manuel Lopes. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, indicaba que solicitan aos gobernos de España e Portugal que “procedan á apertura da vella ponte internacional, cando menos ao tráfico local e coas medidas oportunas”.

O Concello de Tomiño realiza unha campaña de normalización lingüística e apoio ao comercio local

O concello de Tomiño, tras conmemorar o Día das Letras Galegas, continúa coa súa campaña de normalización lingüística a través da posta en marcha dunha iniciativa específica dirixida ao sector comercial tomiñés, na que colaborou previamente toda a cidadanía.

A Deputación remata os traballos de mellora da mobilidade peonil na EP-3302 no Rosal

A Deputación de Pontevedra vén de rematar no concello do Rosal os traballos de mellora da mobilidade peonil na EP-3302 Tabagón-O Rosal-Portocelo entre os puntos quilométricos 1+365 e o 1+940. Así, con esta obra, que contou cun orzamento de 178.743,39 euros, o ente provincial reafirma o seu compromiso de mellora do conxunto da rede de estradas provinciais dentro do seu obxectivo de garantir a accesibilidade e a seguridade viaria.

Tui baliza as praias de Areeiros e O Penedo e coloca paneis con informativos coas medidas preventivas da COVID-19

O Concello de Tui vén de ser o primeiro concello en balizar a súas praias neste verán. Está xa colocado o balizamento da praia de Areeiros en Guillarei e mañá acometerase o do Penedo en Caldelas, sinalizando deste xeito a zona de baño. No acceso ás praias colocáronse carteis informativos coas medidas preventivas da COVID19. Así recoméndase acceder calzado á praia, e no caso de Guillarei tamén ao pantalán.

A Omix da Guarda oferta novos cursos en formato de teleformación

A Oficina Municipal de Información Xuvenil, OMIX, do Concello da Guarda vén de anunciar a posta en marcha de dúas propostas formativas adaptadas a esta nova realidade que estamos vivindo marcada pola pandemia da COVID-19. Esta nova realidade marca estas actividades tanto na temática coma no formato, tratando de facilitar ao máximo o acceso a mesma. Así os dous cursos serán impartidos por teleformación, así dende calquera lugar cun ordenador e conexión a internet, os interesados e interesadas poderán participar neles.

Tui mellora a accesibilidade con obras en doce pasos de peóns nas novas rúas

Nas últimas semanas acometéronse obras de mellora da accesibilidade en distintas rúas do centro urbano tudense. En concreto actuouse sobre 12 pasos de peóns situados na rúas Casal Aboy, Lugo, Compostela, Ourense e Maristas. Nas beirarrúas para indicar a proximidade dun paso de peón colocouse un pavimento especial con losetas de cor vermello e con releve, tanto direccional coma con botóns, para facilitar a mobilidade das persoas con discapacidade visual.

Os socialistas de Oia piden no Pleno máis axudas a Pemes e autónomos ante a crise da COVID-19

A Casa do Concello de Oia acolleu hoxe xoves, 28 de maio, a celebración dun Pleno extraordinario a petición do Grupo Municipal Socialista e que, na orde do día, trataba das medidas encamiñadas a paliar os efectos económicos da crise do COVID-19 nas pemes e autónomos do municipio.

A Guarda conmemora o Día do Libro 2020 con ‘frases e cores’ nas rúas

Para conmemorar o día do Libro 2020, entre as actividades realizadas este ano, a Biblioteca Pública Municipal da Guarda propuxo a través das redes sociais aos seus lectores que enviasen frases ou fragmentos dos seus libros favoritos. A iniciativa emprazou á cidadanía a que escollesen unha frase ou fragmento que despois foi compartida dende as redes sociais da Biblioteca e esta mesma semana iniciouse a segunda parte desta iniciativa, que consiste no pintado destas frases en varios espazos públicos do municipio

O Rosal pon en marcha un programa formativo para a transformación dixital do comercio local

Bota a andar o programa formativo para a transformación estratéxica e dixital do comercio local do Rosal, unha iniciativa posta en marcha polo Concello co obxectivo de dar ferramentas ao pequeno comercio para axudalo a innovar e adaptarse a unha realidade cambiante. O programa, totalmente online e de balde, arrancará este xoves 28 co seu primeiro obradoiro virtual, centrado nas claves do comercio na era post-COVID

O Concello da Guarda ofrece información á veciñanza sobre a Fase 2 da ‘desescalada’

Tanto en Galicia como no resto do estado están mellorando cada día os datos referidos a pandemia provocada polo virus COVID-19. Isto permite ir relaxando as medidas de confinamento provocadas pola crise sanitaria. Así, Galicia entrou na fase 2 da desescalada o pasado luns 25 de maio.

O Concello de Oia convoca un Pleno extraordinario “con menos quorum” a petición do grupo municipal do PSdeG-PSOE

O Concello de Oia celebrará, a petición do grupo municipal socialista, un Pleno Extraordinario que debido á imposibilidade de facerse por medios telemáticos, dos que o Concello carece, farase con "menos quorum" para permitir que concelleiros e conselleiras poidan gardar as distancias de seguridade marcadas pola situación de pandemia da COVID-19. Asi, nesa sesión extraordinaria só estarán 4 representantes do PP, 2 do PSdeG-PSOE e o concelleiro do BNG.

O Concello de Tui lembra que para a instalación de terrazas na vía pública precísase licenza municipal

A instalación de mesas e cadeiras cunha terraza na vía publica está suxeita a licenza municipal. Así o lembra o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, nun bando emitido nos últimos días, onde se indica que así o recolle o artigo 42 da lei 9/2013 de emprendemento e competitividade de Galicia modificada pola lei 10/2017 de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia. Aquelas terrazas que carezan de licenza deberá regularizar a súa situación e en caso contrario procederase a iniciar expediente sancionador.