Domingo, 11 Maio de 2025

O Baixo Miño

O Baixo Miño contará coa súa propia Unidade de Atención Temperá para menores de 6 anos

A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, constituída polos concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, acordou esta semana dar luz verde á creación dunha Unidade de Atención Temperá para a comarca; unha iniciativa que permitirá ás familias de calquera deste catro municipios con menores con dificultades de aprendizaxe, ser tratadas na propia comarca, sen ter que trasladarse ata Vigo.

‘A Guarda Diversa’, iniciativa que pretende dar visibilidade ao colectivo LGTBIQ+ mediante varias accións online

O Concello da Guarda, a través do Centro de Información á Muller e da Concellería de Igualdade coa colaboración de Sara Uris –responsable do proxecto Transformando Realidades–, pon en marcha este ano o proxecto 'A Guarda Diversa', de cara a visibilizar ao colectivo LGTBIQ+ mediante varias accións, que terán lugar nas redes sociais e de xeito online, entre o 15 e o 27 de xuño de 2020.

A Biblioteca do Rosal reabre a zona de estudo en sala en mesas individuais

A Biblioteca Pública do Rosal inclúe novas medidas nesta terceira fase de desescalada. Dende este xoves 11 de xuño reábrese a zona de estudo en sala con catro mesas individuais separadas para garantir a distancia mínima de seguridade entre as persoas usuarias que queiran facer uso do servizo. As persoas interesadas poderán acudir á sala de estudo pola mañá de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas e pola tarde no horario habitual da biblioteca.

Tomiño pon a disposición do alumnado os recursos informáticos da Aula CeMIT para acceder a contenidos educativos

O Concello de Tomiño, a través do Servizo de Educación e Apoio ás Familias, pon a disposición do alumnado de Primaria e Secundaria os recursos informáticos da Aula CeMIT, co obxectivo de ofrecer unha atención específica aos nenos, nenas e adolescentes escolarizados nos diferentes centros do municipio, debido ás dificultades e necesidades que provoca a situación excepcional da crise do Covid-19.

A Xunta implanta unha estrutura de retención de areas no sistema de saneamento da Guarda

A Xunta de Galicia vén de iniciar a execución dunha estrutura de retención de areas no sistema de saneamento do concello da Guarda. A depuradora recibe as augas residuais deste municipio e do Rosal a través de dous colectores. Un deles, procedente da zona de Salcidos, ten unha pendente mínima, que fomenta que se depositen áreas nel, o que dificulta a circulación das augas.

A Guarda realizará a reforma das instalacións deportivas do Codesal

O luns día 8 de xuño tivo lugar a firma dun Convenio entre o Concello da Guarda e a Entidade Local Menor de Camposancos para a cesión das instalacións deportivas do Codesal ao Concello da Guarda por un período de 15 anos.

O blogueiro Alberto Rivas visita A Guarda para impulsar o turismo da vila

Dende este martes día 9 de xuño e ata o vindeiro xoves día 11 de xuño o blogueiro Alberto Ribas @Alvientoo atópase na vila da Guarda para impulsar o turismo dende as súas canles en redes sociais, unha acción promovida dende o Departamento de Turismo do Concello da Guarda e que está enmarcada nas accións de reactivación económica postas en marcha polo Covid-19.

A Guarda ofrece os seus servizos e trámites en liña a través dunha APP móbil

Dende fai uns anos o Concello da Guarda, a través do departamento de novas tecnoloxías, implementou unha APP móbil, dispoñible para dispositivos Andoid e IOS que permite acceder dun xeito doado e simplificado a multitude de servizos e trámites que pode facer a cidadanía.

O Concello da Guarda apela “á responsabilidade” da cidadanía para cumprir as medidas de prevención e o medio ambiente

Dende o inicio do estado de alarma declarado pola crise sanitaria do Covid-19, tivemos que ir adaptando as nosas costumes e tomar medidas de hixiene e seguridade que fixeron extensible o uso de luvas ou máscaras de protección á case totalidade da poboación. Unha das caras negativas da pandemia do Covid-19, é que desafortunadamente, moitos dos elementos que se están a empregar para a prevención e protección como luvas ou máscaras, son depositados sen control en rúas e fincas.

Purificación Granja, a avoa de Oia, cumpre 104 anos

Purificación Granja, a muller máis lonxeva de Oia, vén de cumprir nestes días os 104 anos, un aniversario que festexou esta fin de semana rodeada da súa familia. Como agasallos, o Concello fíxolle chegar á veciña centenaria un ramo de flores e unha torta, presentes que a señora Pura recibiu cun sorriso e facendo gala do seu característico bo ánimo.

A Guarda retoma o ciclo ‘Cinema de muller’ suspendido en marzo pola declaración do estado de alarma

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, retoma este mes de xuño o Ciclo de Cinema de Muller, suspendido tralo inicio da crise provocada pola pandemia da Covid-19. Esta actividade está enmarcada nas conmemoracións do Día Internacional da Muller 2020.

Concellos galegos súmanse ao manifesto ‘Cooperación contra o coronavirus’

Un total de 15 concellos galegos aprobaron xa o manifesto 'Cooperación contra o coroavirus' que promove no eido estatal a Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad, da que forman parte nove fondos que representan a máis de 1.300 administracións locais, entre eles o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.