Domingo, 6 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Chega a Tui a exposición “Río Miño: memorias transfronteirizas”

Dende onte e até o 7 de agosto pode visitarse no anexo á Sala de Exposicións na Área Panorámica a mostra “Río Miño: memorias transfronteirizas”. A exposición está producida pola AECT Rio Minho e a CIM Alto Minho ao abeiro do programa SmartMinho financiado polo fondo europeo Interreg. Estará en Tui ata o vindeiro sete de agosto.

Suspéndese o mercadillo semanal deste sábado pola festividade do Día de Galicia

O Concello da Guarda informa da suspensión do mercadillo dos sábados do vindeiro día 25 de xullo pola festividade do Día de Galicia.

Rotundo éxito da primeira edición virtual da Feira do Viño do Rosal

Rotundo éxito da XXVIII Feira do Viño do Rosal, a primeira edición virtual dun evento esencial para o sector e o territorio e que este ano ante a crise sanitaria decidía reinventarse e seguir adiante con novas fórmulas coas que levar os caldos rosaleiros á toda a veciñanza pero priorizando a saúde de todos e todas.

O autocine chega este venres a Tui coa proxección de “Grease”

Unha das novidades deste verán é o autocine. A primeira proxección será este venres ás 22.30 h coa película “Grease”. Esta mañá abriuse a reserva de entradas, pero debido a un problema técnico tivo que paralizarse e volverá activarse este mércores ás 12 h, co número de prazas que quedan dispoñibles. A reserva realizarase para un coche e até un máximo de catro ocupantes, dos que se deberá facilitar os datos de contacto.

A película “Tódalas mulleres que coñezo”, de Xiana do Teixeiro, proxectarase hoxe e mañá en aberto

O Servizo Municipal de Igualdade do Concello de Tomiño, proxectará os días martes 21 de xullo, e mércores 22, a película “Tódalas mulleres que coñezo”, de Xiana do Teixeiro; un filme estreado en 2018, seleccionado e premiado en distintos festivais.

Un detido, unha alcoholemia positiva e denuncias por incumprimento da obrigatoriedade do uso de máscara

Un detido por agresión a axentes, unha denuncia por duplicar a taxa de alcohol permitida, e outras por non usar a máscara foron parte das actuacións esta fin de semana da Policía Local de Tui.

O alcalde da Guarda entrega á Consellería o anteproxecto da senda de circunvalación ao Monte Santa Trega

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, ven de remitir unha misiva á Conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, na que se adxunta o anteproxecto da Senda de Circunvalación ao Monte Santa Trega da Guarda, encargado dende o propio consistorio ante a necesidade deste vial, que permita unha circulación segura de vehículos motorizados, bicicletas e peóns.

O patrimonio das parroquias tudenses centra a exposición “Pérdete polo rural”

Unha maqueta cos petróglifos máis representativos do Baixo Miño, e un mapa visual onde se plasman máis de 70 elementos do patrimonio situado nas parroquias tudenses son dous dos elementos que forma para da exposición “Pérdete polo rural” que dende hoxe se pode visitar na Oficina Municipal de Turismo, na praza de San Fernando en Tui. Permanecerá aberta até mediados de agosto.

Comezan as visitas guiadas aos petróglifos do Rosal

programación de verán do Rosal continúa esta semana co arranque das visitas guiadas aos petróglifos do concello. Esta actividade ten programadas tres saídas totalmente gratuítas ao longo dos meses de xullo e agosto para visitar diferentes puntos do municipio no que se conservan estes gravados rupestres e coñecer máis detalles sobre a súa historia. As visitas guiadas terán un aforo máximo de 10 persoas e para poder participar é necesaria inscrición previa chamando ao teléfono 986 625 000. A inscrición poderá facerse ata o mesmo día da actividade ás 14:00 horas.

A Guarda acolle o 26 de xullo un encontro de Ioga ao aire libre

O Castelo de Santa Cruz da Guarda será o escenario para a realización de “Ioga de Verán”, un encontro de ioga ao aire libre para todos os públicos que se vai desenvolver o domingo 26 de xullo ás 10:30h.

Este verán poden volver a visitarse os ‘Sambenitos’ no Museo Diocesano de Tui

Os Sambenitos atopados nos anos 80 na Catedral de Tui, pezas destacadas do patrimonio xudeu tudense, poden visitarse de novo este verán no Museo Diocesano. No terceiro andar do edificio expóñense cinco lenzos cos 14 sambenitos dos que 10 son os orixinais e 4 son copias, xa que os orixinais atópanse agora no Museo Catedralicio.

O Concello da Guarda felicita ao Clube de Xadrez Albatros polo ascenso á primeira división autonómica

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Deportes que dirixe Montserrat Magallanes, quere facer un recoñecemento público ao Clube de Xadréz Albatros por ter acadado un importante logro deportivo como é o ter logrado o ascenso á Primeira división autonómica.