Mércores, 9 Xullo de 2025

O Baixo Miño

“ARELA” busca en Tomiño persoas e familias dispostas a convivir con adolescentes que teñan que cumprir unha medida de convivencia

A Asociación Arela e a Xunta de Galicia levan a cabo o Programa CONVIVE.COMigo na provincia de Pontevedra. Trátase dun proceso de capacitación, valoración, formación e seguimento de persoas ou familias que desexen convivir con adolescentes que teñan que cumprir unha medida de convivencia por orde xudicial.

Evolución positiva da situación epidemiolóxica no Rosal, con só 10 casos activos

O Concello do Rosal destaca a evolución positiva da situación epidemiolóxica do municipio, que nos últimos días como descendía paulatinamente o número de casos activos de COVID-19. Segundo os últimos datos facilitados pola Consellería de Sanidade, nestes intres só quedan 10 casos positivos no concello. Recordamos que se consideran casos activos o de aquelas persoas que tendo o seu médico de cabeceira adscrito ao centro de saúde do Rosal deran positivo na proba PCR e aínda non recibiron a alta médica.

Tui contará con máis de 48.000 euros para axudas á rehabilitación para o casco histórico na Fase 14ª da ARI

O Concello de Tui recibirá 48.400 € da Xunta de Galicia correspondentes ao fondos de 2020 da Fase 14ª para a Área de Rehabilitación...

A Policía Local, en colaboración coa Garda Civil, interveu unha plantación de marihuana en Ribadelouro

A Policía Local de Tui, en colaboración coa Garda Civil, interveu unha plantación de marihuana en Ribadelouro, incautando 15 plantas. Tras as investigacións realizadas polos axentes da Policía Local nos últimos días o operativo, desenvolvido coa colaboración da Garda Civil, culminou na tarde de onte ao localizar plantas de marihuana no exterior dunha propiedade privada na parroquia tudense de Ribadelouro.

O Rosal actualizará o inventario de Bens Inmobles Municipal, sen poñer ao día dende o 2006

O Concello do Rosal levará ao pleno a aprobación inicial para a actualización do inventario de Bens Inmobles municipais, no que se atopan dende todo tipo de terreos, parcelas ou prazas ata parques, escolas, lavadoiros, fontes ou bombeos. O último reconto destes bens municipais realizouse no ano 2006 e dende entón procedeuse á adquisición de parcelas e inmobles que non aparecen rexistradas como propiedade municipal, o que dificulta que en moitos casos se poida acreditar a titularidade dos bens.

O ‘teixugo’ Luís Fernández participará nos europeos de Praga de slálom coa selección española

O deportista de Salceda de Caselas e membro do Club Deportivo Miño de Goián, Luís Fernández, foi convocado pola federación española de piragüismo para formar parte do equipo nacional de C1 que acudiu ao Campionato Europeo de Slálom celebrado na cidade de Praga. Esta é a primeira competición relevante que se celebra neste 2020, no que se cancelaron xa as Copas internacionais e as competicións restantes da Liga Española.

Cativos e cativas de Tomiño dobran a canción “Héroes” de Kiko Bea, con lingua de signos

“Co obxectivo de conseguir que o alumnado do curso se sinta "protagonista", organizamos unha exposición no Mercado Municipal onde poden verse as esculturas e na que se proxectarán os vídeos dos que eles/as foron partícipes”, explica a responsable municipal de Mocidade, Fátima Rodríguez.

O grupo municipal do PP pide que se permita á Banda de Música Popular de Tui continuar os seus ensaios no Conservatorio

O grupo municipal do Partido Popular de Tui solicita que o goberno municipal tudense explique as razóns polas que se ten obrigado a Banda de Música Popular de Tui a deixar e utilizar as instalacións públicas do Conservatorio e Escola de Música do Concello para realizar os seus ensaios.

Arrancan as obras de mellora da seguridade vial na Proba-Pintán

Esta semana iniciáronse os traballos de mellora da seguridade vial na estrada de Pintán, entre a rotonda da bisorca na VG-4.2 e o cruce coa estrada PO-353 na Proba. Estas obras, cun orzamento total de 48.292,15€, realízanse con cargo ao Plan de Obras e Servizos do Plan Concellos 2020.

Tui celebra as Vodas de Ouro da Biblioteca Pública con actividades para todos os públicos

A Biblioteca Pública Municipal de Tui cumpre 50 anos de actividade en Tui. As súas primeiras instalacións estiveron na casa do concello e dende 2003 conta con 400 m2 na Área Panorámica. Onte a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicentes, e o técnico da Biblioteca, Rafael Sánchez Bargiela, presentaron en rolda de prensa o programa conmemorativo deste aniversario, que se desenvolverá até o 24 de outubro, cando precisamente se celebra o Día da Biblioteca.

María Fandiño, premio ‘Simonetta Bastelli’ de arquitectura pola ‘Explanada do Horizonte’ do Rosal

A arquitecta María Fandiño acaba de gañar o premio internacional de arquitectura e natureza Simonetta Bastelli na categoría xove polo seu proxecto para a Explanada do Horizonte do Rosal. O xurado destacou o traballo feito por Fandiño nesta obra na que, tras un “atento e minucioso análise de coñecemento do lugar e da súa historia evolutiva, propón un novo capítulo para o seu desenvolvemento, cun deseño mínimo pero eficaz, utilizando técnicas e materiais que aínda sendo propios do sitio constrúen a súa nova identidade”.

A Eurocidade Cerveira-Tomiño e o Consorcio de Bidasoa Txingudi comparten experiencias sobre cooperación transfronteiriza

A cooperación entre territorios xoga un papel crucial como instrumento potenciador do desenvolvemento. Conscientes desta realidade, a Eurocidade Cerveira-Tomiño participa nun intercambio co Consorcio transfronteirizo de Bidasoa Txingudi, integrado polos municipios vascos de Hondarribia, Irun e Hendaye, este último no País Vasco francés.