Martes, 16 Setembro de 2025

O Baixo Miño

A Deputación da luz verde ao convenio co Concello do Rosal para iniciar o proxecto de mobilidade sostible Tabagón-Goián

O goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este próximo luns o convenio co concello do Rosal que supón o arranque do esperado proxecto de mobilidade segura e peonil na EP 3303 entre Tabagón e Goián (Tomiño). Trátase dun investimento fundamental para o Baixo Miño, baixo a filosofía de recuperar os espazos para as persoas, e que se traducirá na reconversión integral desta estrada, contribuíndo a fomentar a vida rural e mellorar as súas posibilidades de comunicación dun xeito sostible, potenciando unha alternativa ao vehículo privado que é a bicicleta.

O histórico artista Xoán Piñeiro terá unha rúa co seu nome en Goián

O histórico artista Xoán Piñeiro, vencellado a maior parte da súa vida a Goián, terá finalmente unha rúa dedicada como homenaxe ao se cumpriren 100 anos do seu nacemento. A rúa escollida para este recoñecemento é a que conduce ao antigo obradoiro do artista, situado no número 108 do barrio Tollo, en Goián. A iniciativa da Fundación Xoán Piñeiro contou co total respaldo do Concello de Tomiño, que tal e coma vén facendo cos seus artistas, quere valorizar a súa figura e destacar a contribución do artista á cultura galega e á identidade do concello.

O Concello do Rosal consegue unha subvención de case 48.000€ para o fomento da compostaxe in situ

O Rosal segue a dar pasos para aumentar os niveis de reciclaxe actuais e acadar as taxas establecidas na normativa europea. O Concello vén de acadar unha subvención de case 48.000 euros para poñer en marcha un programa de prevención, recollida separada e valorización dos biorresiduos destinadas ao fomento da compostaxe in situ.

O Rosal xa conta cun desfibrilador no Auditorio Municipal

O Concello do Rosal acaba de instalar un desfibrilador semiautomático externo (DESA) no Auditorio Municipal, un dispositivo financiado pola Deputación de Pontevedra ao abeiro das subvencións provinciais a entidades locais cunha poboación inferior a 20.000 habitantes.

Novembro, mes da igualdade e da prevención da violencia de xénero no Rosal

O Rosal continuará revolucionando mentes este mes de novembro. O Concello ten preparada unha programación enfocada a traballar a igualdade e a previr a violencia de xénero, con actividades dirixidas a público de todas as idades.

O Concello de Tomiño aproba unha declaración institucional contra a violencia de xénero

O 25 de novembro conmemórase a nivel mundial o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e o Concello de Tomiño quixo rememorar esta data facendo unha declaración institucional condenando a violencia á que día tras día son sometidas moitas mulleres froito da desigualdade de xénero existente na nosa sociedade.

A cota trimestral da taxa do lixo, en Tui, será de 21,19 € para os establecementos que tiveron que paralizar a súa actividade pola...

O Concello de Tui aplicará aos establecementos que tiveron que permanecer pechados durante o estado de alarma ou na actualidade coma consecuencia das medidas restritivas que están vixentes en Tui a mesma cota trimestral da taxa anual do lixo que ás vivendas, no período no que estiveron sen actividade.

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra visita Tomiño para supervisar as obras da PO-552

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, realizou unha visita institucional onte a Tomiño para supervisar o proxecto de reforzo da seguridade viaria na estrada autonómica PO-552, entre Tomiño e Tui, onde tamén estivo presente o xefe territorial de Infraestruturas, José Luis Díez. A actuación atópase xa nun estado avanzado e espérase que estea finalizada nas próximas semanas.

O concerto do grupo Milladoiro no Teatro Municipal de Tui retransmitirase en directo en tui.gal

O Teatro Municipal de Tui acollerá mañá venres, ás 19.30 h, o concerto do Grupo Milladoiro na súa xira 40 aniversario. A capacidade do teatro está reducida a 30 espectadores polas actuais medidas restritivas vixentes en Tui. As entradas dispoñibles esgotáronse xa a comezos de semana. Para poder chegar a máis público o Concello de Tui apostou por retransmitir en directo este evento musical na web municipal www.tui.gal.

A OMIX de Tomiño, un referente para o alumnado do IES 1º de Marzo de Baiona

A técnica municipal responsable da OMIX de Tomiño, Elisabet Pérez de Santiago, impartiu a semana pasada unha charla en formato online co alumnado do Ciclo Superior de Animación Social e Turística do IES 1º de Marzo de Baiona.

Oia dispón dun novo desfibrilador que quedará situado na casa do Concello

É o segundo instalado no municipio, que xa contaba con un dispositivo destas características no campo de fútbol.

O mar e as súas xentes, protagonistas da exposición fotográfica que dende hoxe e até o 6 de decembro se pode visitar en Tui

O mar e as súas xentes son os protagonistas da exposición fotográfica que dende hoxe e até o 6 de decembro se pode visitar na Sala Municipal de Exposicións na Área Panorámica. Baixo o título de 'Fillos do océano' o fotógrafo Javier Teniente reúne máis de setenta instantáneas que ao longo de varios anos tomou nos cinco continentes. A mostra forma parte do proxecto 'Corrente cultural' que propicia a colaboración entre ABANCA, Afundación e o Concello de Tui