Martes, 16 Setembro de 2025

O Baixo Miño

A Guarda se atopa na zona de especial vixilancia por risco en relación á influenza aviaria en aves

Desde finais do mes de xullo detectouse en varios países do leste de Europa a circulación de virus da influenza aviar de alta patoxenicidade (en diante IAAP) do serotipo H5N8 tanto en aves domésticas coma silvestres.

Oia ultima o seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable

O Concello de Oia está a ultimar a redacción do seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable (PACES), un documento onde se inclúen medidas para frear o cambio climático e reducir a pegada de carbono, converténdose deste xeito nun municipio respectuoso e concienciado co medio ambiente.

Tomiño organiza actividades de cara ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Co gallo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de xénero, o Concello de Tomiño organiza actividades que dende a Cultura, a mocidade, a divulgación académica e mesmo o deporte, queren visibilizar a violencia que día a día seguen a sufrir moitas mulleres polo feito de seren mulleres.

Catro axentes de Tui condecorados coa Medalla ao Mérito da Policía Local

Catro axentes da Policía Local veñen de ser distinguidos coa Medalla ao Mérito da Policía Local. O Diario Oficial de Galicia recolle a orde do 9 de novembro de 2020 pola que se determinan estas distincións. A propia xefatura da Policía Local presentou no seu día a solicitude para recoñecer o traballo realizado polos axentes na explosión rexistrada o 23 de maio de 2018 no barrio da Torre, en Paramos.

O Goberno de Tomiño rexeita unha iniciativa plenaria do PSOE para a creación dun punto limpo pese a recoñecer “que é unha boa moción”

O grupo Municipal Socialista do Concello de Tomiño presentou no pleno do pasado día 12 de novembro unha iniciativa para a creación dun Punto Limpo no municipio, proposta rexeitada polo Goberno local "pese a recoñecer que é unha boa moción", sinalan as concelleiras socialistas Mirta Misa e Violeta de Santiago. Foi precisamente Violeta de Santiago que defendeu na sesión plenaria a necesidade da implantación dun Punto Limpo para evitar verquidos incontrolados ao longo e ancho do Concello.

Dúas persoas resultaron feridas ao bater o turismo no que circulaban contra un animal en Tomiño

Dúas persoas resultaron feridas a pasada noite en Tomiño despois de que o coche no que viaxaban impactase contra un animal que interceptou na vía, concretamente na estrada que vai a Tebra.

A Guarda retoma este sábado o mercadillo semanal dos sábados

O Concello da Guarda, en virtude das medidas de restrición adoptadas por sanidade fronte ao coronavirus Covid-19 e, trala saída do nivel vermello do municipio a pasada semana, adoptou retomar a actividade do mercadillo semanal dos sábados na Alameda da Guarda cun 50% dos postos habituais a partires deste sábado día 21 de novembro.

O Concello de Tui completa o proceso de promoción interna de catro traballadores e traballadoras

Onte culminou no Concello de Tui un proceso de promoción interna, iniciado a comezos de ano, para cubrir con funcionarios de carreira as prazas de persoal administrativo que figuraban na oferta de emprego público do ano 2017.

Maica Larriba felicita á organización de palangreiros guardeses Orpagu polo seu premio Alimentos de España

A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, realizou onte unha visita de traballo ás instalacións da Organización de Palangreiros Guardeses, Orpagu, que vén de recibir o 'Premio Alimentos de España' á Produción da Pesca e da Acuicultura. Durante o encontro, no que a subdelegada puido coñecer de primeira man a situación da flota adicada ao pez espada no porto da Guarda, Maica Larriba estivo acompañada polo alcalde do concello guardés, Antonio Lomba; a tenenta de alcalde, Montserrat Magallanes; o presidente de Orpagu, Joaquín Cadilla; a súa xerente, Juana Ortega, e outros membros da súa directiva.

O Rosal creará un espazo municipal de reparación, intercambio e reutilización de obxectos

O Concello do Rosal xa está a traballar na creación dun espazo para o intercambio, reparación e reutilización de obxectos, unha instalación municipal que terá como obxectivo axudar a alongar a vida útil dos bens materiais dos fogares, minimizando o impacto ambiental xerado ao tiralos e aumentando os niveis de reciclaxe. Para poñelo en marcha o Concello acaba de conseguir unha subvención de 30.000 euros para residuos de competencia municipal da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Últimos días para inscribirse no Mercado de Nadal 2020 da Guarda

O Concello da Guarda organiza o Mercado de Nadal do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña...

O Concello de Oia reparte 15 novos composteiros entre a veciñanza

O Concello de Oia continúa co seu programa de promoción da compostaxe doméstica, nesta ocasión a través da entrega de 15 novos composteiros individuais que se porán a disposición da veciñanza.