O pasado mércores día 16 de decembro rematáronse as obras de mellora da Rúa Calvario entre os números 48 e 73, obras que contaron cun orzamento total 121.951,87 € con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Dende o día de onte, o Campo Municipal de Fútbol de Guillarei conta cun desfibrilador semiautomático externo, que dará seguridade aos deportistas usuarios da instalación ante os posibles riscos cardíacos que se poidan producir durante a práctica deportiva.
O Concello continúa propoñendo iniciativas para dinamizar os espazos públicos do municipio nestas datas tan sinaladas. Así, dende este venres 18 de novembro, pon en marcha a mostra de fotografías ‘Nadal no Rosal’, un xogo que busca dar visibilidade á localidade rosaleira a través de imaxes.
O equipo de goberno do Concello da Guarda presentará este venres 18 de decembro os orzamentos do próximo exercicio para a súa aprobación inicial polo Pleno Municipal. O pasado mes de outubro comezaron os traballos de confección dun novo orzamento para o exercicio 2021, xa que o concello estaba traballando co prorrogado do ano 2018.
A técnica municipal de xuventude e a concelleira de Mocidade reuníronse a semana pasada a través de videoconferencia cos representantes de Voces Novas, o Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño, para traballar na organización de actividades neste Nadal.
A entrada ao Rosal tínguese de cor e mensaxe cunha nova intervención mural realizada pola ilustradora Tamara Baz, unha obra coa que a autora fala a favor da igualdade real e efectiva entre todas as persoas.
As rúas e prazas do centro urbano será o escenario da actividade de animación programada polo Concello dentro da programación “Tui, o Camiño do Nadal” que se vai desenvolver dende este sábado 19 de decembro e até finais de ano.
Ante as novas medidas restritivas establecidas polas autoridades sanitarias tras o peche perimetral conxunto do Rosal, Tomiño e A Guarda, parte da hostalería do municipio decidiu manter a súa actividade ofertando comida preparada para levar ben recollendo no establecemento ou servindo a domicilio.
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana financiará a segunda fase de actuacións no conxunto catedralicio de Tui para a súa adaptación a usos museísticos achegando 586.530,74 €, unha cifra que representa o 75 % do custo total das actuacións.
Continúa a programación de actividades do Nadal 2020 na Guarda e, seguindo coas actuacións musicais, o xoves día 17 de decembro ás 17:00h na Praza do Reló, será a quenda do concerto do Coro Infantil do Conservatorio de Música Elemental de A Guarda (en caso de choiva quedaría anulado).
O núcleo rural da Torre, na parroquia tudense de Paramos, que en maio de 2018 sufriu os devastadores efectos da explosión dun almacén pirotécnico clandestino, deu un cambio radical coas obras do Plan de Mellora da Seguridade Viaria en Vías Municipais (DepoRemse), cun investimento de 370.000 euros. O que antes era un espazo rural desestruturado e carente de servizos reconvértese agora, despois das obras financiadas pola Deputación, nunha contorna dotada de modernos servizos e dotacións urbanísticas.
O Salón de Exposicións acolle ata o vindeiro mes de xaneiro a mostra ‘Asina! Por unha canle Xabarín Club 24 horas na TVG’, unha exposición creada polo alumnado do CEIP A Guía de Moaña ao abeiro da campaña da Mesa pola Normalización Lingüística.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.