Mércores, 2 Xullo de 2025

O Baixo Miño

O Rosal adobía o seu comercio con adornos realizados polos nenos e nenas do concello

Nestes días de Nadal que están a piques de rematar, o comercio do Rosal vístese de gala dun xeito moi especial. Nos seus escaparates e tendas locen uns adornos de excepción, xa que foron elaborados con moito agarimo polas alumnas e alumnos dos colexios do municipio.

A Guarda emitiu máis de 200 comunicacións á poboación sobre a Covid-19 e o estado de alarma

O Concello da Guarda, dentro das xestións realizadas por mor da pandemia provocada pola Covid-19, estableceu un protocolo para manter informada á poboación polas canles oficiais, web municipal, taboleiro de anuncios, medios de comunicación e redes sociais oficiais.

Os Reis Magos percorren os barrios do Rosal

Este ano os Reis Magos chegan a todos os barrios do Rosal. Unha delegación cos tres Reis e un axudante que velará por garantir que se cumpran as medidas de prevención percorrerán os diferentes barrios durante os días 4 e 5 de xaneiro, facendo paradas en máis de 60 puntos do municipio. “Queremos achegar a programación de Nadal aos barrios, implicando á veciñanza e facendo que os nenos e nenas desfruten da visita dos Reis de xeito cómodo e seguro”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Os Reis Magos ofrecerán unha recepción o próximo martes 5 de xaneiro no Teatro Municipal de Tui

Os Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, estarán o próximo martes, 5 de xaneiro, en Tui. Este ano debido á pandemia da COVID -19 non se celebrará a tradicional Cabalgata Internacional da Eurocidade Tui-Valença. De todos os xeitos as súas maxestades de Oriente chegarán en tren até a Eurocidade realizando un percorrido máxico por Valença e Tui que se poderá visualizar nun vídeo que o luns, día 4, á noite se difundirá a través das redes sociais e a web municipal.

O Concello edita o libro O Mosteiro de Oia e a Virxe do Mar

O Concello vén de editar o libro O Mosteiro de Oia e a Virxe do Mar, unha publicación que ve a luz co gallo do 250 aniversario da colocación da figura da virxe no camarín do Altar Maior da igrexa parroquial de Santa María de Oia.

Un ouro, unha prata e tres bronces para os deportistas do Badminton Tui no TTR Sub13-Sub17-V Torneo de Nadal Deputación de Pontevedra

As instalacións do IES San Paio acolleron esta semana o TTR SUB13 Sub17 - V Torneo de Nadal Deputación de Pontevedra, organizado polo Badminton Tui, e no que participaron clubs de toda Galicia e tamén de Asturias.

A mocidade tomiñesa organiza un Nadal solidario

Nun Nadal atípico e complicado como o que nos tocou vivir este ano, o colectivo Voces Novas, Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño, estivo traballando arreo ultimamente en varias iniciativas para conmemorar estas festas, onde tiveron claro que o importante era non deixar a ninguén atrás.

Unha unidade móbil de doazón de sangue visitará o Rosal o vindeiro luns 28 de decembro

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase de novo ata O Rosal antes de acabar o ano. O autobús estará instalado na Praza do Calvario o vindeiro luns 28 de decembro e atenderá ao público de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.

Tomiño presenta unha programación cultural de Nadal para gozar en familia con seguridade

Nestas datas festivas de gran importancia para todos e todas é importante que as nenas e nenos poidan desfrutar do Nadal, pero tamén é importante continuar extremando as precaucións nun contexto no que a pandemia continúa presente no noso día a día.

O Concello conta cun novo remolque cisterna para o servizo de Vías e Obras

O Concello do Rosal conta xa cunha nova incorporación no seu parque de vehículos. O municipio acaba de adquirir un remolque cisterna para desempregar diferentes tarefas no servizo de Vías e Obras

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, acada a confianza da corporación municipal e consigue a aprobación dos orzamentos para o 2021

No día de hoxe, 23 de decembro, celebrouse no concello da Guarda o pleno no que se debatía a cuestión de confianza do alcalde vinculada a aprobación dos orzamentos municipais para o ano 2021

A Xunta arranca en Tui a promoción do Camiño Portugués cara o ano 2021 coa iluminación da Catedral no marco da campaña ‘Acende...

A Xunta de Galicia arrancou onte á noite en Tui a promoción do Camiño Portugués cara o Ano Santo 2021 coa iluminación da Catedral de Santa María no marco da campaña Acende o Xacobeo, que chegará a 93 edificios e monumentos destacados de Galicia e doutras dez comunidades autónomas colaboradoras durante os derradeiros dez días do ano.