A Concellería de Ensino, Cultura e Mocidade do Concello de Tui convoca unha nova edición do Concurso de Debuxo Escolar para a elección da postal de Nadal do Concello de Tui para este ano 2023.
O clásico de Prokofiev “Pedro e o lobo” chega este venres, ás 19.30 h, ao Teatro Municipal de Tui da man de Fantoches Baj. A compañía nesta nova posta en escena combina o relato do narrador, coa representación das accións que se describen ou evocan na música.
A Guarda acolle este xoves 26 de outubro unha nova proxección da segunda edición do Ciclo Mestre Mateo, que promoven a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia.
Este xoves, 26 de outubro, o Centro Cultural de Randufe acollerá, ás 20 h, unha actividade da campaña “Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra”.
O Concello do Rosal remata este 2023 cunha nova edición dos seus ‘Cafés en Igualdade’, un espazo de reunión para todas as familias rosaleiras no que falar de temas de interese.
O Concello de Tomiño amosa unha vez máis ser un exemplo de compromiso coa mobilidade peonil. O concelleiro de Planificación Estratéxica, Territorial e Económica, Uxío Benítez, foi elixido en asemblea xeral para formar parte os vindeiros catro anos da Xunta Directiva da Rede Cidades que Camiñan.
A próxima fin de semana Tui volverá pór en valor os produtos da terra e as tradicións vinculadas ao outono coa celebración da terceira edición da Feira da Cabaza. O programa de actividades desenvolverase o sábado 28 e o domingo 29, así coma o martes 31.
A Xunta de Galicia vai destinar 1,4 M€ para mellorar a visita cultural á Catedral de Tui. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, nunha visita xunto ao bispo da Diocese de Tui-Vigo, Luis Quinteiro, na que avanzou que xa están en marcha os primeiros traballos, centrados na restauración de diferentes elementos escultóricos.
As persoas maiores de Tomiño cultivan corpo e mente nunha nova edición do programa Reactívate, un plan de envellecemento activo e de hábitos saudables que busca mellorar a calidade de vida, promover as relacións sociais e a autonomía persoal a través dun enfoque multidisciplinar entre as tomiñesas e tomiñeses maiores de 55 anos.
Como cada ano, o outono na Guarda é sinónimo de teatro, xa que é neste último trimestre do ano cando se concentra a programación cultural adicada as artes escénicas.
O ciclo de teatro “Tornar ás táboas” da Deputación de Pontevedra chega este sábado a Tomiño, Gondomar e Mondariz con tres funcións con entrada libre ata completar aforo.
O Paseo da Corredoira inundarase do espírito do Nadal do 1 de decembro ao 5 de xaneiro coa celebración do Mercado de Nadal organizado polo Concello de Tui.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.