Martes, 1 Xullo de 2025

O Baixo Miño

A Xunta outorga 11.616 horas de axuda no fogar para dependentes aos cinco concellos do Baixo Miño

A Consellería de Política Social vén de aumentar o investimento no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para a atención de persoas dependentes en toda a comunidade, a partires deste mesmo ano, en 10 millóns de euros.

O Concello achégase a ver a nova furgoneta da U.D. Ribera

O Concello do Rosal continúa comprometido co deporte e colaborando cos diferentes equipos. A alcaldesa visitou a U.D. Ribera para ver a nova furgoneta adquirida polo club, unha ferramenta que facilitará a mobilidade do club cando teña que realizar desprazamentos deportivos.

A Omix da Guarda abre inscricións para un Curso de Monitor/a de tempo libre

O curso inclúe materia específica en atención á diversidade e tamén o curso de Manipulador/a de alimentos. A data prevista de comezo será o 6 de marzo.

Tomiño realizará obras de mellora no campo de fútbol de Goián

O Concello de Tomiño prepara xa as obras de mellora do campo de fútbol do Regatiño, situado en Goián, que consistirán principalmente na substitución do céspede artificial, que contaba xa con 15 anos de antigüidade para instalar un novo.

A Eurocidade Tui-Valença contará con novo equipamento para ás distintas actividades organizadas

Os eventos culturais e deportivos organizados dentro do calendario de actividades da Eurocidade Tui-Valença, contarán desde este ano cun novo equipamento que mellorará a imaxe e a operatividade nestas actividades.

A alcaldesa de Tomiño lamenta que a oposición use o Sergas para facer política nunha situación grave da pandemia

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, amosa a súa incredulidade ao enterarse por unha publicación da oposición de que o Sergas continuará co cribado no municipio. Na tarde de onte, o Partido Popular de Tomiño realizaba un comunicado en Facebook alegrándose da decisión tomada pola Xerencia da Área Sanitaria de Vigo de trasladar un dispositivo do Sergas ao concello para continuar coa detección de casos de Covid-19.

As obras do mercado do Rosal, a bo ritmo

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, visitou o mercado municipal acompañada dos arquitectos responsables da súa reforma e de concelleiros para comprobar a evolución das obras desta primeira fase.

A educación con emoción, crítica e igualitaria, eixos da VI Semana da Educación de Tomiño

Tomiño vén de presentar a xa tradicional Semana da Educación, un evento que celebra xa a súa sexta edición. O evento vai dirixido tanto a persoal docente e educador como a pais e nais que procuren formarse en diferentes aspectos relacionados co mundo da educación.

Tui pecha as instalacións deportivas municipais ante a situación epidemiolóxica

O Concello de Tui no día de onte pechar as instalacións deportivas municipais ante a situación epidemiolóxica no municipio e as últimas medidas adoptadas pola Xunta que suspende toda a competición deportiva federada autonómica.

O PP de Tomiño celebra o traslado dun dispositivo do Sergas para seguir co cribado no centro de saúde do municipio

O portavoz do PP de Tomiño, Esteban González, celebra a decisión da Xerencia do SERGAS de trasladar, a petición dos populares, o cribado poblacional para detectar casos de Covid-19. Segundo sinala o concelleiro popular, a Xerencia da Área Sanitaria de Vigo comunicoulle por chamada telefónica na mañá deste martes "que mañá mércores trasladarán a centro de saúde de Tomiño un dispositivo do SERGAS para seguir co cribado poblacional".

A Biblioteca Municipal de Tui presente nas redes sociais para promover a lectura

Dende o pasado luns 11 de xaneiro, coincidindo coa celebración do “Día dos usuarios das bibliotecas”, a Biblioteca Municipal de Tui comezou a súa presenza no ámbito das Redes Sociais abrindo os seus perfís.

Novo remolque de emerxencias para Protección Civil do Rosal

Membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Rosal acudiron hoxe martes 19 en Vilaboa, acompañados polo concelleiro Germán Fernández, para recoller o novo remolque.