8.3 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Omix da Guarda abre inscricións para un Curso de Monitor/a de...

    A Omix da Guarda abre inscricións para un Curso de Monitor/a de tempo libre

    A OMIX do Concello da Guarda comeza a inscrición no curso de Monitor/a de tempo libre

    O curso inclúe materia específica en atención á diversidade e tamén o curso de Manipulador/a de alimentos.

    A data prevista de comezo será o 6 de marzo.

    Os requisitos básicos para poder acceder ao curso son: ter cumpridos os 18 anos antes da data de comezo do curso e estar en posesión do título de Educación Secundaria ou no seu defecto graduado escolar.

    Prezo da formación: 245€ para persoas en situación de desemprego e 265€ tarifa ordinaria.

    Existe a posibilidade de fraccionar o pago.

    Máis Información na OMIX da Guarda, no mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext 7

    Inscricións online no seguinte formulario: https://forms.gle/fzxBC5prcqo2raeF9.

    O curso impartirase nas fins de semana nas instalacións municipais, ademais parte desta formación teórica será impartida de forma online.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.