Mércores, 2 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Tomiño pon a punto a súa rede de sendas e sendeiros

O Concello de Tomiño continúa coa posta a punto das sendas e sendeiros do municipio, zonas que nos últimos meses viron incrementado de forma considerable o seu número de usuarios e usuarias. Así, o Departamento de Obras está arranxando e realizando os labores de mantemento de varias sendas e percorridos por distintos espazos naturais para que a veciñanza poida pasear e facer exercicio nas mellores condicións.

A Guarda retoma este sábado o mercadillo semanal dos sábados

O Concello da Guarda, en virtude das medidas de restrición adoptadas por sanidade fronte ao coronavirus COVID-19 e, trala mellora da incidencia acumulada, adoptou retomar a actividade do mercadillo semanal dos sábados na Alameda da Guarda cun 50% dos postos habituais a partires deste sábado día 27 de febreiro.

Esgotadas as entradas para o acto de conmemoración do Día de Rosalía no auditorio municipal

Éxito absoluto do acto de conmemoración do Día de Rosalía programado para este domingo 28 de febreiro ás 18.00 horas no auditorio municipal do Rosal. Xa están esgotadas todas as entradas dispoñibles para desfrutar da actividade, para a que era necesaria inscrición previa dado o aforo reducido co que contará.

Tomiño porá en marcha un servizo municipal de préstamo de biotrituradoras

O Concello de Tomiño levará a vindeira semana a pleno a ordenanza que regulará o servizo municipal de préstamo de biotrituradoras, que se porá en marcha co obxectivo de fomentar entre a veciñanza unha correcta xestión dos residuos de orixe vexetal xerados no ámbito doméstico. A través deste sistema de préstamo porase a disposición de tomiñeses e tomiñesas biotrituradoras eléctricas e outras accionadas por motor de combustión.

O Concello da Guarda mellorará os espazos axardinados da estrada de Circunvalación

O Concello da Guarda porá en marcha nos próximos días un proxecto para a mellora estética das zonas verdes existentes na estrada de circunvalación ao seu paso polo barrio da Cruzada.

Tomiño continúa os labores de mantemento e renovación do arboredo municipal

O Concello de Tomiño continúa a traballar nos labores de mantemento e renovación de todo arboredo municipal de cara a preparar e acondicionar as zonas verdes tomiñesas. Estes traballos comezaron esta mesma semana coa poda habitual dos exemplares situados no Campo da Feira e continuarán coa revisión do resto de árbores situadas en zonas públicas para o seu correcto tratamento, xa que se detectaron algúns exemplares en mal estado e que poden presentar riscos para a veciñanza.

O Concello da Guarda anima ás familias a matricular aos cativos e cativas na Escola Unitaria da Gándara

O Concello da Guarda ven de por en marcha unha campaña para por de manifesto as vantaxes da educación nunha escola unitaria coma a Escola Unitaria da Gándara. A través dun vídeo, pais, nais e a profesora deste centro explican cales foron os motivos principais que os fixeron decidirse por matricular aos seus fillos e fillas na Escola Unitaria da Gándara.

A rede de fibra óptica xa está dispoñible en 8 parroquias do rural do Concello de Tui

A rede de fibra óptica xa está despregada en moitas parroquias do Concello de Tui e tamén se esta implantando no centro urbano a través de vía área, eliminando deste xeito o cableado cara as vivendas. Trátase dun plan de implantación que no vindeiro 31 de decembro deste ano debería estar rematado.

O Concello de Tomiño felicita aos creadores do proxecto Jamii polo primeiro premio do SocialHack da Deputación de Pontevedra

O Concello de Tomiño quere felicitar ao equipo creador do proxecto Jamii, gañadores do primeiro premio do SocialHack, un galardón obtido ao abeiro do primeiro Hackaton online do terceiro sector organizado pola Deputación de Pontevedra, un encontro para o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas innovadoras que faciliten a xestión das entidades sociais.

Versos, figuras de papel e música para conmemorar o Día de Rosalía no Rosal

O Rosal conmemora este ano o Día de Rosalía de Castro cunha morea de actividades nos centros escolares e para o público en xeral adaptadas á situación sanitaria e ás medidas restritivas vixentes. Así, coincidindo coa data do nacemento da autora, este 24 de febreiro a fachada da Igrexa da parroquia de Santa Mariña, na Praza do Calvario, será o lenzo sobre o que se proxecten frases ou versos de Rosalía.

O Concello da Guarda realiza a compra de 250 composteiros domésticos para avanzar no seu Plan de Compostaxe

O Concello da Guarda acaba de adxudicar o subministro de 250 composteiros domésticos para avanzar na implantación da compostaxe como sistema de xestión de biorresiduos.

A Guarda organiza diversas actividades para conmemorar o Día de Rosalía

O Concello da Guarda, que nos últimos anos ven celebrando o aniversario de Rosalía de Castro con diferentes actividades e eventos, quere convidar este ano a toda a cidadanía a unirse aos diferentes actos que foron convocados dende a Casa de Rosalía e sobretodo a recordar entre todos a súa obra e figura e compartilo nas Redes Sociais.