Domingo, 6 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Xa en marcha as obras do ecoparque Campo Novo, en Viso dos Eidos

O Concello do Rosal continúa a dar pasos para a creación do ecoparque Campo Novo, en Viso dos Eidos, que suporá a transformación da zona nun espazo de convivencia para a veciñanza e que servirá para poñer en valor o patrimonio etnográfico da contorna.

O grupo socialista lamenta o veto da Xunta á contrución do acceso sur ao porto da Guarda

A deputada socialista por Pontevedra, Leticia Gallego, vén de lamentar o veto da Xunta de Galicia á construción do acceso sur ao Porto da Guarda. Fíxoo, hoxe, trala presentación dunha pregunta á presidenta de Portos de Galicia, quen confirmou que o goberno galego non desenvolverá un proxecto “fundamental” para o desenvolvemento económico do municipio.

O Concello de Tui reinviste 9 mil euros dunha baixa do Plan Concellos en equipamentos informáticos

O Concello de Tui vén de adquirir novos equipamentos informáticos grazas ao reinvestimento dunha baixa do Plan Concellos 2018/19 da Deputación de Pontevedra de “Mellora dos vestiarios no polideportivo municipal (vello) en Tui" por importe de 9.189,95€, IVE incluído.

Tui, un dos 15 concellos que participa en ‘Únete ao Reto’ de Ecoembes

O Concello de Tui recibiu hai uns días de Ecoembes novos colectores para a recollida selectiva. En concreto foron 12 colectores amarelos para envases, e 5 para a recollida de papel e cartón. Deste xeito o concello de Tui segue a ampliar o número de colectores dispoñibles para a recollida selectiva tanto no centro urbano coma nas parroquias.

O Instituto de Estudos Tudenses propón reconverter o antigo edificio dos xulgados no ‘Museo de Tui e das Terras Transfronteirizas do Miño’

A recente inauguración da nova sede dos Xulgados de Tui, que deixaron a súa anterior sede na Praza da Inmaculada –no edificio coñecido popularmente como 'Cárcere do partido xudicial'– abre novas posibilidades para este inmoble "un dos más senlleiros da cidade" segundo o Instituto de Estudos Tudenses, motivo polo que propón a súa reconversión nun un Museo de Tui e das terras transfronteirizas que conforma o río Miño.

O IV Simposio Internacional de Escultura do Miño celebrarase do 15 de setembro ao 4 de outubro en Goián

A cuarta edición do Simposio Internacional de Escultura do Miño, organizado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño, xa ten data de celebración: do 15 de setembro ao 4 de outubro no Espazo Fortaleza de Goián (Tomiño). Así veñen de acordalo nunha reunión de coordinación entre responsables de ambos gobernos municipais a pasada semana.

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui ten en marcha unha campaña de captación de voluntarios

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui necesita máis voluntarios para continuar co seu labor altruísta. Para iso ten en marcha unha campaña de captación de voluntarios, xa que na actualidade e tras unha actualización da lista de persoas pertencentes a este colectivo, contan só con 12 voluntarios/as en activo.

O PsdeG-PSOE A Guarda levará a pleno a gratuidade dos peaxes de Puxeiros na AP-9 e a AG-57 do Val Miñor.

A executiva do PSDeG-PSOE A Guarda presentou onte no Concello unha moción sobre a gratuidade da AG-57 e o tramo de Puxeiros da AP-9, para mellorar as comunicacións do municipio guardés coa súa cidade de referencia, Vigo. A secretaria seral da agrupación guardesa, Montserrat Magallanes, explicou que “na moción solicitamos a gratuidade das dúas peaxes que nos permiten chegar con maior premura a Vigo, a do tramo da AP-9 en Puxeiros e a AG-57 do Val Miñor, asi como a finalización, dunha vez por todas, da VAC entre A Guarda e Tui”.

Tui continua coa aposta pola compostaxe coa distribución de composteiros individuais

O Concello de Tui continua coa aposta pola compostaxe tanto comunitaria coma doméstica. Hai un días recibíronse 50 composteiros individuais que van ser distribuídos entre as persoas que tiñan solicitado este material nos últimos meses e que estaban en lista de agarda. Deste xeito serán xa máis de 200 as vivendas tudenses que conten cun composteiro individual.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o 25 de marzo

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o xoves día 25 de marzo. Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao Carón do Centro Cultural) o xoves 25 en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 21:00h.

Tomiño participou, compartindo a súa experiencia transnacional con Cerveira, nas xornadas “TecEuropa Local” da Fundación Galicia Europa

O Concello de Tomiño participou na XI edición das xornadas TecEuropa Local, destinada ás entidades locais galegas e organizadas pola Fundación Galicia-Europa, coa colaboración da Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021.

Arranca o Consello Municipal da Educación do Rosal, un espazo de traballo colectivo a prol da ensinanza

O Concello do Rosal vén de constituír o Consello Municipal da Educación, un novo órgano consultivo integrado por representantes de todo o tecido educativo do municipio que funcionará como un espazo de traballo colectivo a prol da ensinanza, un lugar onde preguntar e responder que sirva como foro de debate e reflexión, viveiro de propostas e fonte de visión crítica.