Luns, 7 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Rescatan a un home ferido a carón das Pozas de Loureza en Oia

Os membros do GES da Guarda rescataron esta tarde a un home que sufriu unha lesión nun pé no lugar de Loureza, no concello pontevedrés de Oia. Pasaban poucos minutos das 18:15 horas de onte cando o 112 Galicia recibiu a chamada do propio ferido que informaba da súa situación e solicitaba asistencia sanitaria.

Tui presenta un programa de San Telmo 2021 con actividades para todos os públicos

O Concello de Tui presentou, na mañá de onte, o programa de actividades de San Telmo a celebrar dende o mércores 7 de abril até o luns 12 de abril, festividade de San Telmo e festivo local en Tui.

O Rosal aproba a licitación de 500 composteiros individuais para repartir entre a veciñanza

O Concello do Rosal aprobou en Xunta de Goberno a licitación para a adquisición de 500 novos composteiros individuais que se repartirán entre a veciñanza que os solicite.

Tomiño reformará o parque infantil da praza da Mina

Hoxe tivo lugar no Concello de Tomiño a mesa de contratación para adxudicar o proxecto de reforma do parque infantil da praza da Mina, ubicada no núcleo do Seixo. A intervención vén motivada pola necesidade de renovar o actual pavimento do parque.

A Xunta rehabilitará a Catedral de Tui de cara ao do Xacobeo 2027

O novo Plan Catedrais que prepara a Xunta de Galicia blindará o mantemento e conservación destes cinco grandes templos galegos no horizonte do Xacobeo 2027 para dar continuidade ao esforzo inversor dos últimos anos coa intención de seguir preservando o patrimonio.

O Rosal xa notificou 320 limpezas de fincas nos últimos nove meses

O Concello do Rosal notificou dende mediados do pasado ano un total de 320 limpezas de fincas. Só nos últimos seis meses de 2020 foron notificadas 215 limpezas ás persoas propietarias dos terreos, labores de obrigado cumprimento segundo a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. De todas as notificacións realizadas, 145 xa están limpas, mentres que 38 están pendentes de recibir algún permiso para poder levar a cabo a limpeza e outras 32 están pendentes de proceder á limpadura.

A Guarda reafirma o seu compromiso coa compostaxe iniciando o reparto de máis de 200 composteiros individuais

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, continúa traballando na mellora da compostaxe na vila, neste caso co reparto de máis de 200 composteiros individuais, que xa se están a repartir entre os veciños que realizaron a súa socilitude.

Tomiño instalará contedores de recollida de roupa de Cáritas

O Concello de Tomiño vén de asinar un convenio coa empresa de inserción laboral de Cáritas, Servicios Comerciales de Inserción Laboral, para a instalación de contedores para a recollida de roupa.

O Rosal pon en marcha un novo Consello Municipal para traballar a prol do medio ambiente

O Concello do Rosal continúa dando pasos para afianzar o seu compromiso co medio ambiente, coa preservación da contorna e coa natureza. Neste camiño acaba de constituírse o Consello Municipal de Medio Ambiente.

O club Bádminto Tui volve á competición

Despois dun tempo sen poder participar en competicións debido á crise sanitaria. O club Bádminton de Tui participou esta pasada fin de semana nunha cita dobre.

A Federación Galega de Motonáutica impartirá un novo curso en Tomiño para obter ou renovar a licencia de navegación

A Federación Galega de Motonáutica impartirá en Tomiño un novo curso para obter ou renovar a licencia de navegación. Impartirase o sábado 10 de abril, sendo o día 6 o último día para apuntarse.

O Rosal aproba de forma inicial o seu plan de municipal contra os incendios forestais

O Concello do Rosal continúa a dar pasos no camiño para minimizar os riscos de incendio forestal no municipio. Por unanimidade, o pleno deu luz verde o pasado xoves á aprobación inicial do Plan municipal de de prevención e defensa contra os incendios forestais no concello, a través do que se planificará o territorio segundo o grao de perigo que supón a súa situación actual.