13.7 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiO club Bádminto Tui volve á competición

    O club Bádminto Tui volve á competición

    Despois dun tempo sen poder participar en competicións debido á crise sanitaria. O club Bádminton de Tui participou esta pasada fin de semana nunha cita dobre.

    Despois de dúas longas xornadas, unha o sábado en Vigo e a outra o domingo en Ponteareas, o equipo de Tui está contentos, debido a que puideron volver gozar da competición e do deporte.

    A xornada do sábado, foi no TTR Sub 13-Sub17 de Vigo organizado polo CER Vigo, no que a pesar de non lograr subir ao podium, aínda que estiveron preto, quedan co bo xogo desenvolvido polos xogadores.

    O domingo, desprazáronse a Ponteareas onde participaron no TTR Sub 11 e Abs, do que se regresaron con moi bos resultados, destacando moi especialmente aos deportistas máis pequenos, os sub 11.

    Neste torneo estes foron os resultados:

    Categoría Absoluta

    • Bronce para Fabi Barreiro e Jessica Santos en Dobres Mixtos
    • Cuarto posto para Daniela Sanz e Patricia Quevedo (CER Vigo)

    Categoría Sub11

    • 🥇 Oro para Martín Gándara e Xoél Álvarez (As Neves) en Dobre masculino
    • 🥈 Prata para Iago Díaz-Fierros e Mikel Martínez en Dobre masculino
    • 🥈 Prata para Mariña García e Alexia Pérez en Dobre femenino
    • 🥉 Bronce para Mariña García e Mikel Martínez en Dobre mixto
    • 🥉 Bronce para Martín Gándara e Alexia Pérez en Dobre mixto
    • 🥉 Bronce para Martín Gándara en individual masculino
    • 🥉 Bronce para Mariña García individual feminino
    • 🥉 Bronce para Alexia Pérez individual feminino
    Imaxe do grupo do domingo

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.