No día de onte, martes 15 de xuño, no CEIP Plurilingüe Número 1 de Tui tivo lugar as II Xornada Inclusiva. A inauguración das mesmas realizáronna o Xefe Territorial da provincia de Pontevedra, César A. Pérez Ares, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González.
A Deputación de Pontevedra segue a dar pasos cara adiante no seu apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais na provincia. Deste xeito a Xunta de Goberno vén de aprobar destinar 150.000 €, 20.000 € máis que no 2020, aos Rías Baixas Film Fest 2021.
O Concello de Tui ten remitido diversas ordes de execución a propietarios de inmobles en ruínas situados no conxunto histórico. O obxectivo é reducir a situación de risco que representan as edificacións abandonadas
O Concello de Oia abre o prazo para que, os particulares que así o desexen, poidan solicitar a autorización para acender fogueiras de San Xoán en fincas privadas. O antedito prazo permanecerá aberto ata as 12.00 horas do próximo 21 de xuño.
O Concello da Guarda pecha este sábado o ciclo “Sostendo o Futuro”, actividades coa finalidade de tomar conciencia en torno aos valores de sostebilidade e coidado da nosa contorna.
Os Concellos de Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Mondariz veñen de reunirse novamente para tratar o delicado asunto das Piscinas Municipais para este verán.
O Concello do Rosal presenta este venres 18 de xuño no auditorio municipal (20.00 horas) ‘Memoria viva’, un proxecto plurianual que busca poñer en marcha un sistema de salvagarda do patrimonio inmaterial do Rosal, así como do coñecemento e da memoria que atesouran as persoas maiores do municipio.
“Recursos dixitais para a busca de emprego” é o curso de 15 horas organizado polos departamentos de Benestar Social e Orientación Laboral do Concello de Tomiño, co obxectivo de formar a dez persoas desempregadas.
O Concello da Guarda vai a promover este verán a formación para obter os títulos de Patrón de Navegación Básica (PNB) e de Patrón de Embarcacións de Recreo (PER).
O domingo 20 de xuño, no Castelo de Santa Cruz ás 10.30 h da mañá, o Centro Awen Yoga celebrará o Día internacional do Ioga coa colaboración do Concello da Guarda, esta sería a súa terceira edición neste fermoso enclave natural.
Persoas emprendedoras, empresas, comunidades de montes, entidades sen ánimo de lucro e administracións locais do territorio do GDR 14 presentaron 25 proxectos á convocatoria de axudas da submedida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014 - 2020 para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento.
Desde o inicio da pandemia o Concello leva posto en marcha diversas actuacións para axudar a paliar os efectos económicos desta crise. Ademais da última liña de axudas da que se iniciou este mesmo luns o período de solicitude, tamén se atopan moitas outras medidas que tiveron como obxectivo axudar a paliar os efectos da COVID nas actividades económicas da vila.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.