Martes, 8 Xullo de 2025

O Baixo Miño

O Rosal manifestarase novamente para denunciar “o desmantelamento” do servizo de Atención Primaria

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal iniciará esta semana unha serie de accións para denunciar o constante desmantelamento que está a sufrir o servizo de Atención Primaria no municipio. Por este motivo, convoca a todo a veciñanza a participar este sábado 3 de xullo a participar na concentración que se celebrará ás 12.00 horas na Praza do Calvario para poñer de manifesto unha vez máis a situación de precariedade provocada principalmente pola falta de medios persoais e as deficiencias nas instalacións.

Inauguración do “Teatro no Trega” na Guarda

O Concello da Guarda repite experiencia cos Quinquilláns despois do éxito acadado en pasadas edicións, ofertando nos meses de xullo e agosto de 2021 “Teatro no Trega”, a cargo da compañía Os Quinquilláns.

Creatividade a raudais nos obradoiros de verán para a mocidade do Rosal

O Concello do Rosal propón un verán cheo de creatividade sostible para a mocidade rosaleira. A programación estival conta este ano con obradoiros monográficos dunha única xornada nos que ademais de potenciar a imaxinación de rapaces e rapazas a partir dos 12 anos, traballaranse diferentes ideas para darlle unha segunda vida útil aos obxectos.

“Espazo do Eu” de Cora Novoa chega a Sala Municipal de Exposicións de Tui

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle, ata o vindeiro 10 de xullo, a mostra “Espazo do Eu”, realizada pola moza tudense Cora Novoa.

Continúa aberto o prazo de solicitude de axudas pola pandemia para os negocios da Guarda

Desde o inicio da pandemia o Concello da Guarda leva posto en marcha diversas actuacións para axudar a paliar os efectos económicos desta crise.

Esgotadas todas as prazas para a primeira xornada de “Venres de xullo baixo as estrelas” na Guarda

O Concello da Guarda, a través do Departamento de Turismo, organiza “Venres de xullo baixo as Estrelas”, unha actividade de observación de estrelas que terá lugar os venres do mes de xullo.

O venres remata o prazo de inscrición nos cursos de Prevención de Riscos Laborais de Tui

Até este venres, 2 de xullo, está aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos de prevención de riscos laborais na construción, que proximamente se van impartir en Tui.

Guadi Galego abre a axenda cultural de verán en Tomiño

Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical galega actual, traerá o vindeiro sábado 3 de xullo, as 10 cancións do seu disco “Costuras”, á Praza do Seixo, dentro do ciclo O Son da Praza.

A Feira do Viño do Rosal camiña cara a presencialidade con prudencia e contención

A Feira do Viño do Rosal quenta xa motores para un evento organizado “aplicando un criterio de prudencia e adaptándonos á nova realidade, porque cremos que é importante ir dando pequenos pasos cara a esa normalidade que estamos todos e todas desexando”.

As mulleres represaliadas na Guerra Civil protagonistas do programa “Violencia Zero” en Tomiño

A crueza con que foron violentadas as “rapadas”, as mulleres aldraxadas durante a Guerra Civil, foi sentida hoxe de cheo na praza do Seixo de Tomiño coa performance “Sinais”, que a actriz, directora e escritora Esther F. Carrodeguas puxo en escena no marco do programa da Deputación de Pontevedra “Mulleres en Acción. Violencia Zero”.

A Policía Local de Tui detecta infraccións por consumo de alcohol ou drogas

A Policía Local de Tui coordinou, entre os meses de xaneiro e xuño, controis policiais de Seguridade Cidadá e Tráfico, organizados en diferentes puntos do centro urbano do municipio.

Novo empurrón á actividade deportiva no Rosal tras a reunión do Consello Municipal

O Concello continúa coa colaboración activa e estreita coa veciñanza para avanzar nos diferentes ámbitos municipais, tamén no deportivo. O Consello Municipal do Deporte celebrou o seu segundo encontro para seguir achegando propostas e ideas, debatendo e reflexionando sobre o devir deste ámbito no Rosal.