Luns, 7 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Aberta na Sala Municipal de Exposicións de Tui a mostra ‘Vía Lusitana’

O martes 13 de xullo abría as súas portas na Sala Municipal de Exposicións de Tui a mostra Via Lusitana. O espazo xacobeo no Norte de Portugal e Galicia, mostra organizada pola Xunta de Galicia no marco das actividades do Ano Xacobeo 2021-2022, e conta nesta ocasión coa colaboración do Concello de Tui.

Alcaldesa do Rosal e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitan o quiosco da Explanada do Horizonte

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitaron este martes a Explanada do Horizonte e o seu novo quiosco, unha das primeiras instalacións permanente situadas en zona de servidume de protección de dominio público marítimo terrestre autorizadas pola Xunta de Galicia.

Ana Belén Rodríguez Trío actúa este venres ás 22 h na praza de San Fernando en Tui

A praza de San Fernando, en Tui, será o escenario do concerto de Ana Belén Rodríguez Trío este venres, 16 de xullo, ás 22 h dentro do ciclo “Música no ar” da Deputación de Pontevedra.

Remata “A Guarda Diversa 2021” cun éxito de participación

O Concello da Guarda, a través do Centro de Información á Muller e da Concellería de Igualdade coa colaboración de Sara Uris, repetiu neste ano o proxecto “A Guarda Diversa”, de cara a visibilizar ao colectivo LGTBIQ+ mediante varias accións, que remataron na pasada fin de semana.

Agustín González Rodríguez toma posesión do seu cargo de concelleiro do BNG en Tomiño

Durante a sesión plenaria de carácter ordinaria celebrada onte no Concello de Tomiño, tomou posesión do seu escano o novo concelleiro do Grupo Municipal do BNG, Agustín González Rodríguez.

A Oficina Virtual Tributaria do Concello de Tui xa está en funcionamento

O Concello de Tui, a través do departamento de Tesourería, vén de por en funcionamento a Oficina Virtual Tributaria, OVT, accesible dende a web municipal www.tui.gal.

A Mancomunidade do Baixo Miño traballa na creación dunha Comisión de Seguimento pola Sanidade Pública

A Mancomunidade do Baixo Miño, formada polos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, está a traballar na creación dunha Comisión de...

Quedan prazas vacantes nos cursos de prevención de riscos laborais de Tui

Quedan prazas vacantes nos cursos de prevención de riscos laborais na construción que do 26 de xullo ao 6 de agosto, de luns a venres de 15.30 a 21.30 h, se van impartir en Tui.

Alcaldes e alcaldesas do Camiño Portugués pola Costa reúnense cun dos responsables do Xacobeo

Os alcaldes e alcaldesas da Guarda, Antonio Lomba; O Rosal, Ánxela Fernández Callís; Oia, Cristina Correa e Baiona, Carlos Gómez, xunto á concelleira de turismo de Nigrán, Cristina Dosil, mantiveron o pasado venres 9 de xullo unha reunión co director de Administración e Relación coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, Ildefonso de la Campa, para trasladarlle, de primeira man, algúns problemas relacionados co Camiño Portugués da Costa que, a xuízo dos edís, poden prexudicar ao propio Camiño da Costa e sobre todo á experiencia dos peregrinos.

A Explanada do Horizonte do Rosal xa desfruta do seu quiosco permanente

A Explanada do Horizonte do Rosal, balcón do municipio ao Atlántico, xa desfruta do seu quiosco permanente, que vén de abrir as portas ao público neste tramo do Camiño de Santiago ao seu paso por Portecelo co obxectivo de ofrecer novos servizos á veciñanza da contorna, ás persoas que peregrinan por este tramo ou para as e os excursionistas que se acheguen ata este espazo.

A Delegación da Xunta en Pontevedra celebra a súa primeira Comisión Territorial de Coordinación Itinerante en Oia

A Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra celebrou este mediodía a súa primeira Comisión Territorial de Coordinación itinerante e descentralizada no Centro Cultural de Pedornes, no Concello de Oia, no marco dunha iniciativa que pretende achegar aínda máis o labor do executivo autonómico a todo o territorio e aos cidadáns.

O cinema no Paseo Fluvial abre a programación cultural do verán

O cinema abre a programación cultural do verán en Tui. O Paseo Fluvial volverá converterse nunha sala de cinema ao aire libre con capacidade para 300 persoas na que se proxectarán tres películas das que o público poderá gozar esta semana; Zog y los doctores voladores, El viaje de Chihiro e Stand by me. As entradas poden reservarse de forma gratuía en www.tui.gal.