Martes, 8 Xullo de 2025

O Baixo Miño

A exposición fotográfica “Facedoras do Baixo Miño” estará na Guarda ata o 2 de setembro

A Guarda acolle ata o 2 de setembro unha exposición fotográfica que leva por nome “Facedoras do Baixo Miño”, e que recolle unha selección de fotografías de Mar Caldas que amosan a aportación da muller a súa comunidade, cun recoñecemento ao seu traballo.

Tomiño suma un segundo mestre composteiro no marco do Revitaliza

O Concello de Tomiño vén de contratar un segundo mestre composteiro no marco do Revitaliza, financiado pola Deputación de Pontevedra.

O Concello da Guarda recibe a Arcos e a Prades despois da súa participación nos JJOO de Tokio

Na mañá do mércores día 18 de agosto de 2021, o Concello da Guarda realizou unha recepción oficial a Paula Arcos e a Ignacio Prades despois da súa participación nos pasados JJOO de Tokio.

Rosalía de Castro chega, a través do teatro, a Ponteareas, Redondela, O Rosal e A Cañiza grazas á Deputación

O departamento de Lingua da Deputación vai levar a dez concellos da provincia unha peza teatral que revive a nenez de Rosalía de Castro. ‘Rosalía. O lugar onde medran as poetas’, unha peza dirixida por Fina Calleja e producida por Culturactiva.

A Guarda acolle a campaña do proxecto DepoMar

A praza Avelino Vicente do Concello da Guarda foi onte a nova parada da campaña informativa do proxecto DepoMar, que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha con financiamento europeo xunto á Fundación Biodiversidad para fomentar a protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas mariños en espazos da Rede Natura 2000 da provincia a través da participación activa e directa das mulleres mariscadoras.

Tomiño pon en marcha un servizo de atención psicolóxica especializado en vítimas de violencia de xénero

A Oficina Municipal de Igualdade do Concello de Tomiño vén de por en marcha un Servizo de atención psicolóxica especializado a mulleres vítimas de violencia de xénero ou noutras situacións de vulnerabilidade. Trátase dunha experiencia piloto –explica Cristina Martínez, concelleira de Igualdade– a través da que o Concello quere facilitar ás mulleres que o precisen un apoio que sirva de complemento á atención xurídica que xa se presta.

A Praza do Seixo de Tomiño acolle este venres a proxección de ‘María Solinha’

Este venres ás 22:30 h a Praza do Seixo de Tomiño acollerá unha nova sesión de cine para adultos, coa proxección do filme 'María Solinha'. Posteriormente haberá un coloquio co director do filme, Ignacio Vilar, que contestará todas as preguntas das persoas asistentes.

A Guarda e Caminha acollen o II Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Minho

Esta semana celébrase o II Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Minho, un evento preparado conxuntamente polos municipios de Caminha e A Guarda que pretende constituírse nun espazo de achegamento entre as dúas beiras do Río Minho a través do mundo da escrita: novelas, investigación histórica ou social, relatos infantís son algúns dos exemplos que os visitantes a este evento poderán atopar.

O Pavillón do Rosal conta cun novo pavimento que permiten empregar o espazo “para practicar deporte de xeito máis intensivo e seguro”

O Concello do Rosal acaba de finalizar as obras de renovación do pavillón municipal, uns traballos de mellora das instalacións que “permiten empregar o espazo para practicar deporte de xeito intensivo e seguro, diminuíndo o risco de lesións dos e das xogadoras en adestramentos e competicións”, destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández.

Mil deportistas participarán este sábado no Descenso Internacional e no Descenso Popular

O Descenso Internacional do Miño celebrará este sábado, 21 de agosto, a súa 50 edición. Volverá recuperar a espectacular saída dende terra en Salvaterra, ás 18.30 h, e a chegada fronte as gradas da rúa Olímpicos Tudenses en Tui, con público, tras un recorrido de algo máis de 14 quilómetros en augas do río Miño.

A Guarda reforza a súa oferta de deportes de praia e petanca reformando a área deportiva do Codesal co apoio da Deputación

Transformar unha instalación deportiva infrautilizada e dedicada anteriormente ao fútbol nun complexo lúdico vinculado aos deportes de verán e á integración social foi o obxecto das obras acometidas polo Concello da Guarda co apoio da Deputación. O antigo campo do Codesal, na parroquia de Camposancos, é agora un complexo dedicado á práctica do volei-praia, balonmán-praia e fútbol praia, que inclúe, ademais, 16 canchas específicas para o xogo da petanca.

A Aula Cemit de Tomiño organiza cursos dirixidos á infancia e mocidade, para romper estereotipos nas novas tecnoloxías

A Aula CEMIT de Tomiño impartirá os días 23 e 24 deste mes dous obradoiros de balde dirixidos á xente nova de entre 8 e 15 anos, baixo o lema 'Steam, derrubando estereotipos'. O obxectivo é promover a creación de referentes, visibilizar roles e motivar as vocacións tecnolóxicas temperás, para espertar o interese e reforzar a confianza nas propias capacidades a través de obradoiros formativos práctico