Venres, 19 Setembro de 2025

O Baixo Miño

Os Reis entregan o Premio Escola do Ano ao CRA Mestra Clara Torres de Tui

SS.MM. os Reis entregaron onte o Premio Escola do Ano 2020 ao CRA Mestra Clara Torres de Tui. Este centro, que conta con cinco aulas en distintas parroquias de Tui: Areas, Pexegueiro, Baldráns, Ribadelouro, e Guillarei, foi distinguido por ser un exemplo de dinamización en contornas rurais.

Arranca na Guarda o Obradoiro de Emprego Dual no que se formarán 20 desempregados

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, concedeu para o Concello da Guarda un novo obradoiro de emprego de formato dual, trátase do Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela VII.

As confrarías de Redondela e A Guarda viaxan a Canarias co GALP para descubrir experiencias de turismo mariñeiro e pescaturismo

Esta semana, unha delegación de representantes do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo-A Guarda viaxa ás Illas Canarias no marco do proxecto de cooperación Mar das Illas, impulsado xunto ao GALP Ría de Pontevedra e o GALP Ría de Arousa.

Leticia Gallego reclama “a cobertura plena” das prazas de médico en Tomiño

A parlamentaria socialista Leticia Gallego reclamoulle onte ao goberno galego que garanta a cobertura plena das prazas de médico do Centro de Saúde de Tomiño, descubertas durante boa parte do ano

O Servizo de Atención Temperá do Baixo Miño amplía o seu horario de atención

O SAT (Servizo de Atención Temperá) da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, que funciona en Tomiño dende o ano pasado, ampliou durante o mes de Setembro o seu horario de atención ao público, que pasa a ser de luns a venres de 09.00 a 14.00 e de 15.00 a 19.30 horas.

A infancia de Rosalía de Castro chega ao teatro en O Rosal

María Rosalía Rita, ou Rosalía de Castro, tamén foi unha nena. As biografías non o contan, pero a poeta galega tamén foi unha cativa que cantaba, que lía, que comía chocolate, e que tamén xogaba.

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda engalánase para o Samaín

Dende fai uns días a Biblioteca Pública Municipal da Guarda, emprazada no 1º andar do Centro Cultural, xa se atopa engalanada para as datas do Samaín, cunha curiosa e terrorífica decoración que non deixará a ninguén indiferente.

Este Samaín no Rosal… composta a túa cabaza!

Un ano máis O Rosal pon en marcha nestas datas a súa iniciativa ‘Composta a túa cabaza!’.

Tomiño conta cun novo vehículo eléctrico para o servizo de compostaxe local

O Concello de Tomiño vén de adquirir un novo vehículo con distintivo ambiental cero emisións de CO2 para o servizo do persoal encargado da Implantación e xeralización da Compostaxe.

O Rosal pon en valor a súa historia cunhas xornadas sobre patrimonio

O Concello do Rosal pon en valor a súa historia coa creación da primeira edición de Xornadas sobre Patrimonio, unha serie de actividades que nacen co obxectivo de dar a coñecer e pór en valor o patrimonio rosaleiro e do Baixo Miño.

A profesora Dolores Balseiro ofrecerá hoxe a conferencia “A Batalla de Lepanto na literatura española: poetas”

Hoxe martes, 26 de outubro, ás 19.30 h terá lugar na igrexa de San Domingos unha nova conferencia do ciclo organizado polo Concello de Tui co gallo do 450 aniversario da Batalla de Lepanto.

O obradoiro dual de emprego Revaloriza Tui 2021 traballará na recuperación de fontes, lavadoiros e un muíño en Guillarei, Randufe, Areas e Paramos

Onte comezou a súa actividade o obradoiro dual de emprego Revaloriza Tui 2021 no que, durante 9 meses, se van formar vinte alumnos e alumnas nas especialidades de Colocación de Pedra Natural e Montaxe e Instalación de Construcións de Madeira.