Venres, 19 Setembro de 2025

O Baixo Miño

Máis de 700 atletas participarán esta fin de semana no Trail do Aloia

700 persoas participarán esta fin de semana no Trail do Aloia, delas 500 participarán na categoría absoluta e 200 na infantil que se incorpora coma novidade esta edición. A proba foi presentada na casa do Concello de Tui polo concelleiro de Deportes, Rafael Estévez; o vereador de Desporto de Valença, Arlindo Sousa; o deputado de Deportes, Gorka Gómez, e por Serafín Martínez e Justi Peixoto da empresa organizadora. O Trail do Aloia está subvencionado polo proxecto Interreg Unicidade Valença-Tui.

Recta final para ‘Cocreando Sociedade’ o proxecto do Rosal para ser un concello máis inclusivo

O Rosal continúa no seu camiño para ser un concello máis inclusivo. O proxecto Cocreando Socieade no que diversos representantes de colectivos do tecido asociativo, da administración local e de entidades que traballan en prol da diversidade atópase na súa recta final.

A Guarda presenta unha programación cultural de outono ampla, variada e para todos os públicos

O Concello da Guarda presentou, este pasado venres 29 de outubro a Programación de Outono nun acto presidido polo alcalde Antonio Lomba ao que acompañaban a concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes; o concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez e a concelleira de Desenvolvemento Local e Formación, Fátima Rodríguez.

O IES Antón Alonso Ríos de Tomiño traballa para conseguir un instituto máis inclusivo

O IES Antón Alonso Ríos de Tomiño quere ser máis inclusivo. Con este fin, o alumnado está traballando arreo a través de distintos proxectos.

A Xunta fixa uns investimentos iniciais por 16,5 M€ para a comarca do Baixo Miño no proxecto dos Orzamentos autonómicos 2022

A Xunta de Galicia vén de fixar uns investimentos iniciais de 16.583.762 euros para a comarca do Baixo Miño no proxecto de Orzamentos 2022, segundo informou o delegado territorial en Pontevedra, Luis López, que considera que estas achegas “serán fundamentais para o desenvolvemento e o progreso desta contorna do sur da provincia”.

Javier Gómez Darriba intervén este mércores no ciclo sobre a batalla de Lepanto

“Política, devoción e iconografía bélica. O tema da Batalla de Lepanto no retablo do Rosario do convento de San Domingos de Tui” é o tema da conferencia que este mércores, 2 de novembro, ás 19.30 horas na igrexa tudense de San Domingos ofrecerá Javier Gómez Darriba.

Dous centenares de nenos apúntanse a clases extraescolares presenciais

Tras á volta á normalidade, cerca de 200 nenos se apuntaron ás actividades presenciais ofertadas polo Concello de Tomiño de forma totalmente gratuíta.

O Concello do Rosal convoca unha bolsa para contratar a unha persoa graduada en traballo social

O Concello de Rosal vén de convocar unha bolsa de traballo para contratación dun ou dunha traballadora social. A alcaldesa, Ánxela Fernández, explica que con esta incorporación “queremos reforzar os nosos servizos sociais e mellorar a atención a todos e todas as rosaleiras que o precisen”.

Amancio Prada percorre a súa discografía galega o próximo martes no Teatro Municipal de Tui

Un percorrido pola súa discografía galega será o que ofreza o cantautor Amancio Prada o próximo martes, 2 de novembro, no Teatro Municipal de Tui. O concerto comezará ás 20.30 h.

Novas visitas guiadas ao retablo da Batalla de Lepanto na igrexa de San Domingos de Tui este domingo e luns ás 18 h

Esta fin de semana terán lugar novas visitas guiadas ao retablo da Batalla de Lepanto na igrexa de San Domingos dentro do programa conmemorativo do 450 aniversario desta batalla naval.

O ecoparque Sobreiral da contorna do Calvario, a punto de ser rematado

O núcleo urbano do Calvario no Rosal pronto desfrutará do seu novo ecoparque, un espazo verde no centro do municipio que combina natureza, lecer e inclusividade.

O pavillón do IES San Paio acolle esta fin de semana a I Feira da Cabaza

O pavillón do IES San Paio acolle esta fin de semana, sábado e domingo, I Feira da Cabaza. O evento previsto inicialmente no Paseo da Corredoira trasladouse de emprazamento debido ás adversas previsións meteorolóxicas.