O Concello do Rosal xa está a preparar o Nadal. Este ano organiza un mercado con oito postos para que os artesáns, as asociacións e os vendedores gastronómicos poidan vender os seus produtos no centro do municipio.
María del Carmen Gómez Alonso cumpriu onte 100 anos rodeada do cariño da súa grande familia (6 fillos –dous xa falecidos- 17 netos, 28 bisnetos e 3 tataranetos). Vive coa súa filla Felicitas e conta coa axuda de Conchi, traballadora do Servizo de Axuda no Fogar.
O servizo de axuda no fogar (SAF) é un servizo público no que os concellos asumen unha parte moi importante a pesar de ser competencia da Xunta de Galicia consistente en ofrecer un conxunto de atencións a persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual.
O Concello de Oia presentará alegacións contra o parque eólico Albariño I e organiza unha reunión veciñal que contará coa asistencia de técnicos dunha empresa especializada, contratada polo Concello para analizar a documentación sometida a información pública (o prazo para presentar recursos está aberto ata o día 18 deste mes). A reunión celebrarase o venres 12 de novembro, ás 19.00 h, nas Escolas de Torroña.
A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu no pasado mes de outubro case catro mil oitocentos visitantes que solicitaron basicamente información para a súa visita á cidade. En concreto foron 4.796 visitantes os que se achegaron ata a Oficina Municipal de Turismo na praza de San Fernando. Deste total 2.643 eran turistas e 2.153 peregrinos e peregrinas.
Os irmáns Xosé e Ramón Trigo presentarán no serán de hoxe venres, 5 de novembro, na sala de exposicións do Concello do Rosal tres novelas gráficas ambientadas no Baixo Miño e na ría de Vigo. O acto comezará ás 20.00 horas e esta organizado polo Colectivo Carballas co apoio do Concello. A alcaldesa, Ánxela Fernández, anima á veciñanza a asistir á presentación para desfrutar das grandes historias e ilustracións que se mostrarán nunha exposición que facilitarán os autores.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, está a impulsar diversas melloras de eficiencia enerxética, servizos educativos e infraestruturas nos colexios Plurilingüe Número 1, Número 2 e Randufe e no IES San Paio, todos eles no Concello de Tui, cun investimento de 403.000 euros.
O Concello do Rosal acaba de rematar o desbroce da contorna dos muíños do Folón e do Picón para mellorar o acceso e a imaxe deste espazo de gran valor histórico e turístico. A alcaldesa, Ánxela Fernández, explica que esta intervención responde “ao noso compromiso co mantemento do noso patrimonio histórico”.
O Teatro Municipal de Tui acollerá este venres, 5 de novembro, ás 21.30 h o inicio da xira de “O charco de Ulises” do Centro Dramático Galego. Unha montaxe dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso.
O pavillón do Rosal conta cunha nova grada supletoria que, situada nun dos fondos, aumenta o aforo do edificio municipal. O Concello adquiriuna a través do Plan Concellos 2020.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, foi recibida onte polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, para comentar con ela os principais proxectos no Concello, como a iniciativa da posta en marcha dun polígono agroforestal.
O instituto IES A Sangriña da Guarda retomou hoxe as clases tras solucionar os danos ocasionados pola entrada da chuvia nas súas instalacións o pasado venres.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.