Venres, 19 Setembro de 2025

O Baixo Miño

O anexo da Sala Municipal de Exposicións acolle a mostra “Á Violencia de xénero… Dille NON!!”

Dende onte mércores e até o martes 23 deste mes pódese visitar no anexo da Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica) a exposición “Á Violencia de xénero… Dille NON!!”.

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil comprométese a colaborar na construción da Senda do río Pego

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil comprometeuse á redacción dun proxecto para a construción dunha senda fluvial no río Pego de Tomiño e á renovación do colector; obras que significarían un investimento de 1,5 millóns de euros, aproximadamente.

Este domingo celebrase o I Ciclocross Concello da Guarda

Na xornada deste xoves día 11 de novembro de 2021 a Casa dos Alonso acolleu a presentación do I Ciclocross Concello da Guarda, un evento deportivo que terá lugar o vindeiro domingo día 13 de novembro, organizado polo Clube Insitu, que conta xa con preto de 30 deportistas federados nos seus 5 anos de andadura.

Fronte común para materializar a ponte peonil entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira

A recepción da presidenta da Deputación Carmela Silva e o deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez ao novo alcalde de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, finalizou hoxe coa certeza da necesidade de “aproveitar o momento” para materializar a nova ponte peonil entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira.

O Rosal será un dos primeiros municipios da provincia en aprobar os orzamentos para 2022

O Concello do Rosal será un dos primeiros municipios da provincia en aprobar as súas contas para o vindeiro ano. O pleno ratificará este xoves 11 de novembro (20.30 h, salón de plenos do Concello) un orzamento para 2022 de case 4,8 millóns de euros.

O Concello de Tui convoca un novo concurso de debuxo escolar para elixir a Postal de Nadal 2021

O Concello de Tui, a través da Concellería de Ensino e Cultura, convoca unha nova edición do concurso para a elección da postal de Nadal do Concello de Tui para este ano 2021. Vai dirixido ao alumnado de Primaria dos centros educativos do municipio.

Un investimento da Deputación no Baixo Miño transformou toda a comarca

A comarca do Baixo Miño recibiu nos 6 transcorridos co actual goberno da Deputación, “o maior volume de investimento de toda a historia da institución provincial” cun total de case 48 millóns de euros.

Preto de 300 persoas participaron nas actividades sobre a Batalla de Lepanto en Tui

Preto de 300 persoas teñen participado nas últimas semanas nas actividades organizadas polo Concello de Tui con motivo do 450 aniversario da Batalla de Lepanto.

A Concellaría de Servizos Públicos de Tomiño leva a cabo obras de saneamento no barrio de San Benito

A Concellalía de Servizos Públicos leva a cabo obras de saneamento no barrio de San Benito, co fin de ampliar a rede municipal, na que se levan investidos no que vai de ano máis de 200.000 euros.

A ruta dos muíños do Folón e do Picón xa é máis accesible

O Rosal continúa no seu percorrido para converterse nun municipio máis accesible e inclusivo. O veciño, Manuel Sobrino, rematou a ruta dos muíños do Folón e do Picón na nova cadeira todo terreo que adquiriu o Concello.

A Praza de Avelino Vicente convértese nun novo punto neurálxico da Guarda

A humanización de Concepción Arenal converteu a praza de Avelino Vicente nun verdadeiro punto neurálxico da vila. Un novo eixe da vida social Guardesa.

Tomiño construirá o edificio “Espazo Isaura Gómez” grazas á Deputación

A Deputación de Pontevedra vén de confirmar unha subvención de 1.108.423,05 € dentro do Plan REACPON, para a construción do edificio “Espazo Isaura Gómez”, que albergará a futura biblioteca municipal e outras dependencias de carácter cultural e administrativo.