Venres, 19 Setembro de 2025

O Baixo Miño

A Deputación axiliza a mellora da EP-3102 en Tomiño

A Xunta de Goberno da Deputación ven de aprobar este venres o expediente para contratar as obras de mellora da mobilidade peonil no Camiño Escolar da EP3102 ao CEP Pedro Caselles en Tomiño.

Oia felicita á veciña de Burgueira Carmen Álvarez polo seu 102 aniversario

Carmen Álvarez Pérez, veciña da parroquia de Burgueira, cumpriu esta semana 102 anos, sendo a segunda muller máis lonxeva de todo o municipio. Para felicitala en nome do Concello de Oia, a alcaldesa, Cristina Correa, e a tenente de Alcalde, Carmen María Estévez, fixéronlle entrega este venres dunha torta e aproveitaron para transmitirlle os seus mellores desexos.

Tui celebra unha actividade do Plan de Compostaxe Municipal dirixida ao alumnado dos centros educativos

O próximo xoves, 25 de novembro, de 10 a 14 h terá lugar unha actividade do Plan de Compostaxe Municipal de Tui. Celebrarase no novo Centro de Compostaxe Comunitaria, ao carón do Mercado Municipal de Abastos.

Máis de 150 nenos piden ao Concello máis campañas de concienciación e formación sobre reciclaxe e cambio climático

Máis campañas de concienciación sobre o cambio climático e obradoiros de formación en temas de reciclaxe, redución de plásticos, outros usos do monte, especies autóctonas, eliminación de plantas invasoras ou hortas ecolóxicas, foron só algunhas das demandas e propostas realizadas polos máis de cen estudantes de Tomiño.

O Rosal conmemora o 25N con actividades para continuar ‘Revolucionando mentes’

O Rosal continúa co seu compromiso contra a violencia de xénero. Para conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello organizará exposicións, charlas e diferentes accións de visibilización coas que concienciar e sensibilizar á veciñanza.

Tres «Flores de Honra» para a Guarda no certame Vilas en Flor 2021

O Concello da Guarda participou este mércores en Allariz no Certame de valoración do programa Vilas en Flor que recoñece o labor na xestión de zonas verdes dos concellos galegos de menos de 40.000 habitantes. A Guarda participa por terceiro ano consecutivo nesta iniciativa posta en marcha pola Fundación Juana de Vega, a Asociacion de Viveristas do Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar) e que avalía a mellora ambiental, social e económica dos municipios galegos.

O Concello de Oia presenta as súas alegacións contra o parque eólico Albariño I

O Concello de Oia presentou este xoves as súas alegacións en contra do proxecto de parque eólico Albariño I, tendo en conta o seu impacto ambiental, patrimonial e sobre a paisaxe; entre outras cuestións. O proxecto do parque eólico Albariño I afecta a tres municipios: Oia, Baiona e Tomiño e prevé, en total, a instalación de 6 aeroxeradores. A Administración oiense contratou un técnico externo para estudar este proxecto a fin de presentar alegacións en contra.

A Mesa do Camiño reunida esta semana en Tui avaliou a situación actual e as perspectivas no ámbito do Camiño de Santiago

A Mesa Local do Camiño reuniuse o pasado martes 16 de novembro na Casa do Concello de Tui, nunha xuntanza presidida polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e na que participaron os representantes dos distintos sectores – aloxamentos, restauración, servizos aos peregrinos, igrexa e movemento asociativo xacobeo – que forman parte da Mesa.

Tomiño pide a colaboración cidadá para redactar un plan de emerxencia contra a seca

O Concello de Tomiño pedirá a colaboración da cidadanía para a confección do Plan Municipal de Emerxencia e Xestión do Risco de Seca que está levando a cabo co apoio económico de Augas de Galicia, co obxectivo de establecer as accións a desenvolver en caso de que se produzan situacións de falta de auga.

Sae do prelo o número 7 de Castellum Tyde, a revista de investigación do Instituto de Estudos Tudenses

O luns pola mañá o presidente do Instituto de Estudios Tudenses, Xavier Añoveros, entregou ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, un exemplar no novo número de “Castellum Tyde”, a revista que edita o Instituto de Estudios Tudenses co patrocinio do Concello de Tui.

O Concello do Rosal lembra que as biotrituradoras municipais están disposición da veciñanza

O Concello do Rosal lembra á veciñanza que as biotrituradoras municipais están a súa disposición para xestionar os seus restos vexetais.

Aforo completo no concerto de Tanxugueiras no Teatro Municipal de Tui

Aforo completo no concerto que este venres ofrecerán Tanxugueiras no Teatro Municipal de Tui. 500 persoas poderán gozar do directo deste grupo nun dos últimos concertos da xira “Contrapunto” a partir das 21.30 h.