Venres, 18 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Hoxe preséntase o novo número da revista Castellum Tyde do Instituto de Estudos Tudenses

Hoxe mércores, 29 de decembro, o Salón de Plenos da casa do concello de Tui acollerá ás 19.30 h a presentación do novo número da revista “Castellum Tyde” que edita o Instituto de Estudios Tudenses e que patrocina o Concello de Tui.

O Concello de Oia alegará contra o parque eólico Merendón

O Concello de Oia presentará alegacións contra o parque eólico do Merendón, para o que xa contratou a unha empresa especializada, a cal xa a está a traballar na análise da documentación sometida a información pública desde o pasado 23 de decembro.

O CRA Mestra Clara Torres recibe a medalla de ouro do Concello de Tui

“O nome de Clara Torres queda escrito na historia con letras de ouro, este é o verdadeiro valor da medalla que o Concello de Tui tivo a gran idea de dedicar ao Colexio Rural Agrupado Clara Torres”. Así o afirmou a presidenta da Deputación, Carmela Silva.

A Guarda remata o ano con contacontos, títeres e a visita do Apalpador

A programación do Nadal 2021 continúa nesta derradeira semana de 2021 na Guarda con diferentes propostas para todos os públicos que conta con contacontos, títeres e a visita do Apalpador.

Teatro para bebés mañá ás 11:30 horas no Mercado de Tomiño

O Concello de Tomiño, dentro da súa programación de Nadal, ofrece mañá ás 11:30 horas unha obra de teatro para bebés no 1º andar do Mercado Municipal. “Zapatos” é o nome da espectáculo co que Caramuxo Teatro reflexiona sobre que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa.

A Guarda presenta un plan de crecemento dun 10 % anual no sector da flor cortada

O Consorcio da Zona Franca analiza as posibilidades de apoio ao sector da flor cortada e planta ornamental, que conta cunha produción relevante na área de Vigo.

Falece Manuel Garcés, mestre que da nome ao Centro Rural Agrupado de Tomiño e veciño que gozaba de gran respeto e cariño no concello

Este 26 de decembro faleceu na parroquia de Estás (Tomiño) aos 88 anos o mestre Manuel Garcés Estévez, que da nome a Centro Rural Agrupado deste concello. Manuel Garcés foi o nome escollido hai preto de vinte anos polos profesores do Centro Rural Agrupado para homenaxear a este profesor que se xubilou despois de adicar a súa vida ao ensino rural.

Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores na Guarda en febreiro

A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de ciclomotores desplazarase ata ao Concello de A Guarda nas seguintes datas e ubicacións.

Tomiño leva a pleno antes que remate o ano unhas contas de 8.130.000 euros

Tomiño leva a pleno este luns os Orzamentos do ano 2022 por valor de 8.130.000 euros, un 5 % con respecto aos do ano anterior.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 7 e sábado 8 de xaneiro

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao Carón do Centro Cultural) o venres 7 en horario de 10:15 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado 8 de 10:15h ás 15:00h.

O Concello do Rosal adórnase polo Nadal

Ao Concello do Rosal gústalle o Nadal e quere que todos os veciños e veciñas desfruten destas festas nas rúas do municipio. Por iso, este ano, quere poñer en valor a fermosa decoración dos espazos públicos.

O Concello do Rosal alegará contra o parque eólico do Merendón

O Concello do Rosal anuncia que alegará contra o parque eólico do Merendón. A Xunta publicou hoxe no DOG que este proxecto, que inclúe cinco aeroxeradores, cinco centros de transformación e dúas subestacións entre Oia e O Rosal, será tramitado por urxencia e que está en fase de estudo ambiental.