O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a tenente de alcalde, Montse Magallanes, visitaron, o domingo 27 de febreiro, a Alicia González Álvarez para felicitala polo seu 100 aniversario.
A agrupación de voluntarios de Protección Civil de Tui vén de incrementar o seu parque móbil cunha scooter 150 entregada hai uns días polo Concello a este colectivo.
O pasado 23 de febreiro Rosalía de Castro estivo de aniversario e a súa celebración espallouse por toda a xeografía galega. Na Guarda tiveron a honra de celebrar esta efeméride cunha programación pensada para reivindicar a figura de Rosalía dende un halo de actualización e vangardismo.
A petición do departamento de Turismo do Concello, o alumnado e profesorado da especialidade de Promoción turística local e información ao visitante do Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela, estanse levando a cabo unha serie de iniciativas dirixidas a continuar coa posta en valor de diversos recursos turísticos da vila.
Ante as informacións erróneas que se veñen difundindo con respecto ao despregue de fibra no noso municipio, dende o Concello de Tomiño emitimos este comunicado para informar á veciñanza sobre a situación na que se atopa a implementación de redes ultrarrápidas de conexión a internet nos barrios e parroquias.
O Concello de Tui vai contratar a 17 persoas a través do Plan Concellos 2022 a ao abeiro da liña 3 de Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.
Para crear un proxecto cultural a prol do desenvolvemento local e comunitario é preciso levar a cabo unha xestión cultural como estratexia de fomento, cohesión e transmisión.
O Concello de Tui incorporarase á rede provincial INFO RIAS BAIXAS, creada fai catro anos pola Deputación de Pontevedra para garantir un servizo de atención de calidade nas oficinas de turismo da provincia, ás que dota de máis medios, de novas tecnoloxías e dunha imaxe unificada a fin de mellorar o grao de satisfacción dos e das visitantes.
Cultura, lecer e música para homenaxear a Rosalía de Castro no Rosal. O vindeiro domingo 27 de febreiro, o grupo internacional de cantareiras galego-belgas Ialma subirase ao escenario do auditorio municipal rosaleiro nun concerto no que darán a coñecer ao público un proxecto “como o de Rosalía, un horizonte de esperanza”.
A celebración do Entroido en Tui será musical o próximo martes, 1 de marzo, festivo local na cidade. A Orquestra Miramar actuará na rúa Compostela a partir das 19 h para amenizar unha tarde festiva.
O Concello da Guarda, a través da Concellaría de Desenvolvemento Local continúa nos meses de febreiro e marzo coa oferta de obradoiros gratuítos dirixidos a comercio, hostalería e empresas.
Este venres, 25 de febreiro, póñense en funcionamento as rutas do proxecto “Río Miño, un destino navegable” que comparten os concellos de Tui e Salvaterra de Miño, as cámaras municipais de Valença e Monçao, con Turismo de Galicia e Turismo Porto e Norte.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.